A compañía dos Tirinautas realizará unha sexta función este domingo no Teatro Principal de A Estrada, despois de esgotar o aforo do teatro nas cinco funcións que realizaron nunha semana.
Hoxe será o turno dos veciños e veciñas de Cerdedo que poderán disfrutar da representación de Xamón Xamón no Centro Cultural ás 20:00 horas. Ao igual que o domingo na Estrada, as billeteiras do teatro abrirán unha hora antes da función.
O domingo ás 19:00 horas risas aseguradas no Teatro Principal de A Estrada.
E ti vas quedar na casa?






































