Esta fin de semana comeza a segunda volta da 2ª Division da liga galega de fútbol gaélico na Estrada. O Braithreachas A Estrada enfrontanse ó Dorna da Illa de Arousa no campo Manuel Regueiro o Sábado 30 as 19:30h.
A escadra estradense afronta este encontro con ánimo de revancha posto que o partido da 1ª volta perderono pola mínima despois da lesión de Brito, que estaba a ser un xogador moi importante para os Braithreachas, que ata o
momento da lesión estaban a controlar o partido.
O terceiro tempo celebrárase a partir das 21:30h. no Meson A Vila de A Estrada e estades todos convidados.
De igual xeito como xa ven sendo habitual na familia Irmandinha, unha vez máis, có ánimo de axudar á loita contra esa lacra que é o cancro. Neste caso é axudar a un amigo dun xogador do clube, os estradenses doaran o recadado na cantina e unha doazón do equipo para o crowfunding de Mike Mullan o link para colaborar adxunto a continuación.
https://www.gofundme.com/rjkwg8sk?rcid=46c9700012f4400c8fd81cd33c826e90%3Fpc%3Dm_d_ty






































