Os nacionalistas proporán, na comisión de facenda do mércores, incluír nos orzamentos municipais medidas fiscais para a rehabilitación de edificios históricos.
O BNG presentou unha moción para a conservación e rehabilitación dos edificios de beleza arquitectónica que quedan na vila.
Magariños considera que a mala xestión urbanística do concello ao longo dos anos provocou a proliferación de edificacións que nada teñen que ver coas que historicamente tiña A Estrada, edificios de gran beleza arquitectónica que foron cambiados por outros que non se integran no conxunto arquitectónico local.
O BNG propón un paquete de medidas fiscais para apoiar a rehabilitación de todos os edificios catalogados no PXOM e dos que se atopan na mesma área.
Algúns exemplos a rehabilitar son o entorno da Porta do Sol, rúa Ulla, Travesía da Igrexa, Avenida Fernando Conde e Travesía de Vea, entre outras.







































