“*Memorias dun neno labrego*” é un *best seller* e un clásico. Por iso Galiza débelle tanto a Xosé Neira Vilas. Este autor que acaba de deixarnos foi un continuo colaborador do activismo cultural galego en xeral e estradense en particular. Ten participado en numerosos actos das asociacións e dos centros de ensino da nosa comarca. Por iso desde a Asociación Cultural “Vagalumes” en colaboración cos centros de ensino renderonlle unha homenaxe o pasado venres.






































