[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ standard=»http://www.youtube.com/v/6IHwP6JP98k?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=6IHwP6JP98k&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=¬es=» id=»ep1738″ /]
Fotografía e Gravación: Iria Eiras
O Departamento de deportes do Concello de A Estrada en colaboración có clube Bikestrada organiza unha nova edición das Rutas Populares en BTT.
As dúas primeiras van dirixidas a rapaces de entre 7 e 16 anos e terán lugar o 23 e 30 de Marzo ás 16:30 horas. As dúas seguintes serán o 7 e 14 de abril, dirixidas a maiores de 16 anos, ás 10:00 horas, de dificultade baixa e de arredor de 20 Km.
Todas elas sairán da praza do concello, son de balde e é obrigatorio o uso de casco.
Redacción: Iria Eiras



































