O Rei do río xa está na rede

_MG_6005O alcalde, Don José López, acompañado dos concelleiros Don Juan Constenla e Don Nemesio Rey, presentaron este sábado a web oficial da Festa do Salmón. Un paso máis para dar a coñecer esta festa que acaba de ser catalogada de interese turístico autonómico.

O obxectivo da web, ademais de dar ampla información das actividades que se realizan nestes días en torno ao salmón, é que a festa non se reduza a un día, aportando máis contidos arredor deste peixe, a súa pesca e o entorno do Río Ulla.

IMG_6039O rexedor explícanos que coa promoción da festa trataran de conseguir que sexa considerada de interese turístico internacional, ao igual que a Rapa das Bestas, ao ser unha das celebracións máis antigas vinculadas ao salmón en España.

O edil Don Juan Constenla, móstranos os contidos da páxina que inclúen o concurso de tapas, con tódolos restaurantes participantes. A sección festa, coa historia da mesma durante estes 40 anos, os pregoeiros, os galardoados cos salmóns de outro e os carteis das distintas edicións. A seguinte sección, Gastronomía, recolle as tapas e
restaurantes que as elaboran. Por outra banda, tamén hai un apartado destinado a pesca, cos cotos salmoeiros do Ulla e o concurso de pesca de carácter internacional.

Nas últimas _MG_6017seccións pódense seguir as novas entorno a festa e o programa de actividades para estes días.

Para completar a difusión tamén se puxeron en marcha sendas contas de Facebook e Twitter. Onde calquera pode colaborar con contidos ou comentarios.

Dende agora a Festa do Salmón xa no é só da Estrada, pódese seguir dende calquera punto de Galicia, España, Europa, América, África, Asia ou Oceanía, alí onde chegue a rede poderase coñecer o que o noso concello ofrece a estradenses e visitantes.

Como podedes ver, A Estrada móvese. Participa, comparte e difunde. Móvete connosco.

Web: festadosalmon.com  //  facebook.com/festadosalmon  //   Twitter: @festadosalmon

Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta