A voceira de Móvete, Mar Blanco Casais,urxeaoGoberno Municipal a tomar en serio as deficiencias no Centro de Saúde da Estrada e retomar a moción aprobada no mes de xullo do ano 2015,onde se aprobaba por unanimidade levar a cabo unha serie de reformas. Nesa moción a Corporación do Concello da Estrada instaba á Xunta de Galicia a subsanar, de xeito inmediato, as importantes deficiencias históricas que presenta o Centro de Saúde da Estrada, de acordoco informe de deficiencias e riscos do centro, así como do xefe de servizo. Atendendo con urxencia as seguintes medidas correctoras:
- Conexión aoxerador eléctrico de todo o Centro de Saúde.
- Construcióndunha rampla de acceso áprimeira planta.
- Reforma do ascensor.
- Dotar o centro de camillas plegables que permitan o traslado de pacientes entre plantas e entre as distintas estancias do centro.
- Colocación de pasamáns en ámbolosdou lados.
- Cambiar as portas do centro para que cumpran coa lei de accesibilidade no referente ao sentido de apertura das mesmas.
- Canalizar os distintos cableados (luz, teléfono, informática, etc.) evitando a súapresenza en zonas de paso.
- Protexer o cadro eléctrico do ascensor.
- Bloquear as portas do montacargas impedindo que se poidan abrir.
A maiores do aprobado en dita Moción, Móveteurxe a sinalizacióndunespazo reservado para aparcar as ambulancias en fronteao Centro de Saúde. A falta de sinalizacion e de control sobre o aparcadoiro destinado as ambulancias, está provocando que o persoal das mesmas teña quebaixar e subir aos pacientes e aopersoal sanitario nunhascondiciónsmoi deficitarias, ao estar no medio dunha rúa moi transitada, o quepon en perigo a integridade física de pacientes e persoal sanitario. Nasemerxencias a pronta intervención é fundamental para salvar vidas, e nese sentido que a ambulancia teña un espazo de parada en fronteao centro de saúde é esencial.
Móveteadvirte que a ausencia dunha partida orzamentaria, nos orzamentos da Xunta, específica para o Centro de Saúde da Estrada obriga a emprender senmáis dilación as melloras mencionadas e valoradas en 50.000€, o cal non supón unha traba orzamentaria e daría respospota a unhas deficiencias históricas que son de urxente solución, tal e como apunta o informe de riscos de marzo de 2014, así como en diferentes informes do xefe de servizo do centro de saúde da Estrada.
En canto aos 11 kms que faltan por construir do tramo da AG-59dende a Ramallosa ata a Estrada, observamos nosorzamentos como para o ano 2017 repítese a cuantía deste ano, 500.000€ do que é unha inversión multimillonaria, e aínda que figuran partidas para os vindeiros anos, por parte da Xunta non se atreven ninsequera a dar unha data de finalización.Mar Blanco manifesta que “o previsible é que a partida prevista para o ano 2017 dea o mesmofroito que deu a do 2016, co cal unha vez máis comprobamos que para o PP esta infraestructura non é unhaprioridade, se non simplemente fume, ao igual que, a xulgar polos orzamentos, pasa co Centro de Saúde.






































