Desde o equipo de normalización da lingua galega e o da biblioteca do IES Nº1 da Estrada acordouse crear o «Premio Nº1G ao uso da lingua galega no comercio estradense».
A intencionalidade fundamental vai implícita na idea de que o alumnado exerza activamete unha análise e apreciación, asemade recoñecemento, do uso da Lingua Galega no ámbito social e en especial no que atinxe neste caso ao Comercio Estradense e xa que logo destaque esa cualidade importante por medio desta distinción que non é máis que recoñecer o ben facer e o aprecio referido á Normalización Lingüística e Cultural no noso Concello de A Estrada.
O comercio premiado nesta 1ª Edición foi Librería Marxe.
O Premio entregarase nun acto especial e de afecto o día 22 de xuño nas instalacións do comercio premiado e realizarán a entrega catro membros do alumnado do EDLG do IES Nº1. Dito galardón consiste en:
– Acta de acordo do premio
– Libro «Cantares Gallegos» de Rosalía de Castro por así ser un motivo da celebración das letras galegas e asemade este ano de 2013 celebrarse o 150 aniversario da súa primeira edición.
– Diploma de recoñecemento.
– Rosa de primavera a frescura da lingua nosa.
O Xurado do premio estivo formado por Mariña Villamayor Dono, Antía Expósito Guerrero, Estela Martínez Rodríguez, Sofía Pereiras Bernárdez, Ana María Iglesias Casal, Lucía Liste Prieto, Iria Follente Vázquez, Isabel Pazos Álvarez e Noelia Otero Cabaleiro.
Fotografía e Redacción: IES Nº1






































