O BNG da Estrada propón á ACE a convocatoria dunha «Mesa das Infraestruturas»

Unha representación da organización nacionalista mantivo un encontro coa nova directiva da Asociación Comarcal de Empresarios

 

 Unha representación do BNG da Estrada, composta por Xosé Magariños, Susana Camba e Constantino Regueira, mantiveron na tarde de hoxe venres 26 de maio, un encontro coa nova directiva da Asociación Comarcal de Empresarios.

Nesta reunión o BNG da Estrada amosou o apoio ás demandas da ACE, explicitadas após a reunión co grupo de goberno. En concreto desde o BNG consideramos prioritario, como xa temos explicado en múltiples ocasións, a necesidade de solo industrial público,que pasaría inexcusabelmente pola ampliación do Polígono Industrial de Toedo. O BNG amosou á directiva de empresarios da Estrada o apoio á Cidade do Móbel, soporte dinamizador do sector, lamentando os retrasos que ten ese polígono industrial desde que goberna o PP a Xunta de Galiza.

A respecto das infraestruturas desde o BNG tamén consideramos que a Variante é imprescindíbel para unha ordenación sostíbel da vila da Estrada. Neste sentido, emprazamos ao alcalde da Estrada á convocar unha «Mesa das Infraestruturas», composta por todos os grupos políticos e entidades (ACE, ACOE, …), na que que se consensuara e se puxera negro sobre branco as prioridades e compromisos de todos e todas sobre as infraestruturas que necesita o concello para dinamizarse social e economicamente.

Noutra orde de cousas, desde o BNG tamén amosamos a nosa preocupación sobre o desenvolvemento do Plan Xeral. Insistimos na necesidade de que o concello sexa o motor do Plan e non agardar a que veñan intereses privados a facelo.


BNG da Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta