A moción sobre a municipalización do ciclo da auga a debate na comisión de medio rural e medio ambiente

A Comisión informativa de medio rural e medio ambiente aborda este xoves 31 de agosto a moción do BNG en relación á municipalización do ciclo da auga. Con esta moción, presentada no mes de marzo, pretendemos que o concello asuma o control da depuración das augas residuais, agora en mans privadas, cuxo contrato expirou en 2012, pero que o goberno municipal vén prorrogando ilegalmente desde 2012, vulnerando a Lei de Contratos do Sector Público.

Con esta moción pretendemos recuperar a xestión pública da EDAR, así como dos bombeos de Figueiroa, Matalobos, Guimarei e Lagartóns. como único xeito de mellorar un servizo, que como se puido comprobar ao longo dos últimos meses, foi moi deficiente, con continuos vertidos ao río Liñares e Ulla, o que non cumpre cos mínimos esixíbeis pola lexislación medio ambiental.

A moción tamén contempla a creación dunha brigada do ciclo da auga, incluíndo o actual persoal do servizo da auga e sumidoiros do concello, que asuman as labores de mantemento e control de todo o ciclo, para que desde o concello se poida prestar un servizo de calidade.

Por outra parte, desde o BNG non nos esquecemos do rural, e de aprobarse esta moción, o goberno municipal terá que elaborar un calendario realista para dotar a todos os núcleos de servizo de saneamento, un servizo imprescindíbel, pero ausente en máis do 80% das parroquias do concello

— 

BNG da Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta