A Estrada destina 10.000 euros a axudas económicas para libros e material escolar

A contía supón un incremento de 3.000 euros con respecto ao curso pasadoO Concello da Estrada acaba de aprobar as bases das axudas económicas destinadas á compra de libros e material escolar. O Departamento de Servizos Sociais, dirixido por Amalia Goldar, aporta para este curso, 2017/2018, un orzamento de 10.000 euros, o que supón un aumento de 3.000 euros con respecto aoano pasado.Estas contías van dirixidas aos alumnos, empadroados no municipio e pertencentes a familias en situación de dificultade social-económica; que estean matriculados na segunda etapa de Educación Infantil, é dicir, que teñan entre tres e cinco anos.  Outra das melloras con respecto ao curso anterior é que a axuda suporá unha suba de dez euros por alumno, podendo recibir este ano un total de 100 euros por neno. Ademais, a contía poderá constituír o cen por cento do custe total, xa que tendo en conta que estas concesións son de interese social, pola situación de dificultade económica das familias ás que están dirixidas, terán a consideración de carácter especial. Deste xeito, o importe da axuda poderá supoñer a totalidade do gasto.  Abonarase o importe concedido á vista da factura presentada na que debe figurar o nome do solicitante.Só se poderá beneficiar un os membros en cada unidade familiar, e poderanse conceder tantas axudas como número de menores estean matriculados no segundo ciclo de educación infantil.Requisitos para optar a estas concesións:A unidade familiar debe estar empadroada e ter residencia efectiva no Concello da Estrada e convivir cos menores.As persoas estranxeiras residentes no municipio poderán beneficiarse sempre e cando se atopen nunha situación administrativa regular e cumpran determinadas condicións sobre os dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.O neno debe estar matriculado ou ter reserva de matricula nun colexio público do concello.A solicitude e documentación deben estar realizados no prazo e forma establecido.Acadar a puntuación necesaria, segundo o baremo, dentro da capacidade orzamentaria asignada a tal concepto.Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa seguridade social.Que a renda per cápita, en cómputo anual, non supere o importe do IPREM correspondente aoano 2.016 (6.390,13 euros anuais).Unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, haberá un prazo de 15 días hábiles para presentar a solicitude no Rexistro xeral de entrada do Concello xuntando a documentación requirida. Anunciarase a través dos medios de comunicación e da páxina web do concello cando se abra o prazo. Seguidamente, o Concello tramitará as solicitudes e emitirá os informes correspondentes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta