O Concello comprometese ver as opcións que teñen para ampliar as zonas de aparcamento no casco urbano

 

 

Obrigará aos locais vacíos a cumprir unhas mínimas condicións estéticas e colaborará conxuntamente coas campañas de dinamización do comercio local

O alcalde, José López, reuniuse hoxe pola mañá con Alfredo González, Raquel López e Carlos Sinde, membros da Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE). Durante o encontro abordaron tres temas: a necesidade de buscar novas alternativas ante a falta de aparcamento no casco urbano, a preocupación polos locais sen actividade que afean á zona e as diversas campañas para fomentar o comercio local, como a da Volta ao Cole o a de Nadal.

“Teño que agradecerlle á asociación de comerciantes o excelente traballo que están facendo nun sector que sempre atravesa dificultades e neste caso, nas vilas medias, temos un reto por diante que é fidelizar aos nosos clientes, loitar cas grandes áreas comerciais e tamén coa problemática que está xerando a venta por Internet”, resaltou López. “Neste caso as peticións que nos fan desde o colectivo son realmente sensatas e razoables. Temos problemas co tema do aparcadoiro e a posibilidade de distintas alternativas para poder ofrecerlle ós visitantes zonas de aparcamento que sexan cómodas, que estean no ámbito do entorno urbano”.

O rexedor sabe da necesidade de seguir aumentando as zonas de aparcamento, a pesar de que xa se inverteu nisto nos últimos temos. “ Neste punto este goberno fixo un esforzo importante nos últimos anos. Nós fomos os primeiros que implantamos a zona azul, e non é unha medida recadatoria, porque non se cobra nada. Simplemente son zonas de horario de aparcamento limitado onde os veciños só poden aparcar durante unha hora e media. Esta iniciativa funciona moi ben porque liberou as rúas deses vehículos que botaban días enteiros aparcados no mesmo sitio e agora permite unha maior rotación. Ademais estendeuse a varias rúas para que fose efectivo e ademais puxemos en marcha dúas novas formas de aparcadoiro que dan un servizo de máis de 200 vehículos. Pero sabemos que non é suficiente porque A Estrada cada vez segue atraendo a máis visitantes e iso nos obriga a seguir buscando novas alternativas”.

López afirma que xa teñen algunhas alternativas factibles para zona de aparcamento, pero que non se atopan xusto no entorno do casco urbano, por exemplo a que se encontra no entorno da Baiuca, onde o Concello ten moito terreo a súa disposición. Pero o que realmente se demanda son zonas no centro da vila, e aí o goberno opina que é máis complicado. Ademais, o alcalde resalta que no entorno do casco urbano hai varias zonas de aparcamento disuasorio que se poden poñer a disposición, pero a asociación de comerciantes solicita zonas máis céntricas. Desde o goberno prometen ver que opcións teñen ante esta petición e buscar novas alternativas.

En canto ó tema do mantemento de baixos, que a ACOE presentou unha relación deles e hai un total de 30 sen actividade e gran parte débese á falta de relevo xeracional, o alcalde promete falar cos seus propietarios. “ É certo de que hai baixos que non están acondicionados e que non se atopan nunha situación adecuada esteticamente e o que nos piden é que fagamos un esforzo para trasladarlles ós propietarios de que hai unha ordenanza de hixiene que deben cumprir. Nós evidentemente temos que respectar o dereito de propiedade, pero si temos que esixirlles, que senón están alugados, que polo menos teñan unhas condicións estéticas adecuadas. Faremos un inventario para ver todos e cada un deles que non cumpren coa normativa e intentaremos comunicarlles a todos os propietarios a necesidade de acondicionalos, sobre todo naquelas rúas máis céntricas”. 

López aproveitou a reunión para destacar a estratexia de desarrollo urbano que realizou o Concello e que foi premiada cunha subvención de seis millóns de euros de fondos europeos (Edusi) para levar a cabo un novo deseño urbanístico da vila  que pretende actuar sobre esas zonas urbanas que se deben facer máis atractivas. Durante a reunión tamén comentaron a filosofía desta estratexia que lles permite inverter ata o ano 2020, e neste apartado entra a zona comercial, convertendo a vila en máis humana, máis accesible e máis cómoda para vivir e desfrutar dela e por suposto, para poder comprar e poñer en valor a hostalería e o comercio.

Tamén abordaron as campañas que se poñerán en marcha para fomentar o comercio local. A de Volta ao Cole, que xa está en funcionamento estes días, as campañas de dinamización do comercio que se desarrollarán durante o inverno e tamén os retos que teñen de cara ó Nadal. “Estas campañas son importantes e temos que traballar conxuntamente para coordinar e organizar todo da mellor maneira posible e que o Concello sexa tamén un aliado máis no comercio, xa que a Estrada é unha vila eminentemente comercial. Vivimos do sector da madeira, da industria, pero vivimos de maneira directa do comercio e temos que ter unha relación estable e cordial para buscar solucións aos problemas e tratar de impulsar esa actividade”, concluíu López.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta