A asociación Cultural Vagalumes presenta o libro-dvd "A Terra Sabe a loita"

a-terra-sabe-a-loitaO vindeiro venres 14 de xuño a Asociación Cultural “Vagalumes” vai presentar na Estrada o libro-dvd “A Terra sabe a loita” no que se repasará a historia dos últimos 40 anos de conflitos agrarios a través das imaxes e do testemuño dun dos seu protagonistas máis sobranceiros, o dirixente sindical e político Emilio López Pérez (Milucho).

No libro temos ocasión de contemplar un extenso repertorio de documentos gráficos e ademais contase coa novidade de achegar dous DVDs nos que se dá conta de entrevistas e rescate de imaxes lembrando o acontecido até agora e que explica a situación na que hoxe nos atopamos.

O mundo rural galego sufriu un ataque despiadado obedecendo a intereses foráneos para eliminalo como competidor produtivo. A resistencia a esas agresións e as traizóns que desde o propio país tivemos que padecer serven de fitos do relato duns feitos que dan conta dun pobo que loita polo dereito a vivir dignamente do seu traballo na súa Terra.

O acto terá lugar ás 21:30 na sala de exposicións de Novagalicia Banco, na rúa principal da Estrada.

E proxectarase o vídeo “Clamor da Terra” que acompaña o libro e intervirá Emilio López Pérez e Antonio Oca Fernández.

*Emilio López*, o autor do libro, fai a licenciatura de Ciencias    políticas e Socioloxía en Madrid, na Universidade Complutense dende 1972 a 1978. Colabora co Sindicato das Comisións Labregas dende 1974, formando parte do seu primeiro Secretariado Nacional no 1978. É Secretario Xeral das Comisions Labregas dende 1982 ate1989. Secretario de Organización e Responsábel do Sector Lacteo dende 1989 ate 1993. É Deputado autonómico polo BNG e portavoz desta organización na Comisión de Agricultura do Parlamento Galego dende Outono do ano 1993 ate a primavera do 2005. É o Delegado da Consellería Do Medio Rural en Lugo durante o Goberno BNG-PSOE dende 2005 ate 2009. Na actualidade é o Coordenador da Comisión de colaboradores da Ferderación Rural Galega (FRUGA).
*Antonio Oca Fernández *é Enxeñeiro Técnico Agrícola e axente de extensión agraria desde 1967. Foi director xeral de Producións, Industrias e Calidade Agroalimentaria (2005-2009).

O libro inclúe dous DVDs. Un contén extras e o outro é unha longametraxe documental de 88 minutos de duración, baixo o título “Clamor da Terra”, da autoría de Alberte Mera García no que, coa participación de máis de 22 entrevistados e entrevistadas e co acompañamento de imaxes audiovisuais inéditas até a data, reconstrúese as loitas dos últimos decenios.

O libro, de algo máis de 300 páxinas, divídese en 13 capítulos e conta cunha ampla cronoloxía. Tamén ten un anexo documental e unha selección de máis de 100 fotografías que recolle momentos fundamentais dos conflitos agrarios. Aquí recollemos o limiar de Lois Diéguez e o índice do libro.

Redacción: Asociación Cultural Vagalumes

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta