O desfile do martes de Entroido da Estrada celebrarase o domingo 18, despois de aprazalo por mor da choiva

As inclmencias meteorolóxicas obrigaron a cambiar o desfile de Entroido da Estrada para este domingo, día 18. A saída está prevista ás 16.30 horas desde a rúa Antón Losada Diéguez con chegada posterior á Praza da Feira. En principio na xornada festiva participarán as comparsas das parroquias de Arnois, Riobó, Guimarei e Callobre, ademais das Asociacións de Nais e Pais dos colexios de O Foxo, de Figueiroa e do de Oca.

O fin de festa, ao redor das 18.00 horas, estará protagonizado pola comparsa de Callobre que agasallará a todos os veciños cun guateque anos 60 que terá lugar na Praza da Feira.

Dentro dos actos da xornada, ás 19.00 horas o Teatro Principal acollerá o espectáculo de teatro, danza e música Voa da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e da Escola de Baile, Canto e Música Tradicional Tequexetéldere, que conta coa colaboración do Concello. As entradas, que teñen un prezo de cinco euros, poden mercarse  no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou en Calzados A Esquina e tamén no despacho de billetes.

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta