A partir do luns, día 26, poñeranse á venda as entradas para o concerto de Rubén Pozo, excompoñente de Pereza, que será o día 21 no Teatro Principal ás 22.00 horas. Poden mercarse no departamento de Cultura, sito no segundo andar do Consistorio, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou a través da páxina web https://todoticket.es/ Teñen un prezo de oito euros. Rubén Pozo presentará os temas do seu último traballo.
Lembrar tamén que quedou CANCELADO o espectáculo de Antílopez previsto para mañá, venres 23, ás 21.00 horas no Teatro Principal. As persoas que xa mercaran as entradas deberán acercarse polos puntos de venda para devolverlles os cartos de maneira íntegra.






































