O problema non é que sexan de dereitas ou non, o máis grave é que nos gobernen paletos. Isto é, que pensen que a xente fai centos de quilómetros para atoparse o mesmo que ten na casa, que o da nosa Terra non vale nada e cren que ao desprezarse a si mesmos van ser máis valorados polos de fóra. E isto non é ideolóxico nin sequera político, isto non pasa en ningún sitio do mundo, estean gobernados por esquerda ou dereita, só pasa onde quen mandan son uns acomplexados servís.
A exhibición ostentosa que fan os do goberno municipal colgando da fachada do concello unha pancarta en castelán para celebrar o encontro Grandes Viaxeiros na semana das letras galegas seguramente puidera ser unha anécdota se non fose un síntoma da mentalidade diglósica de quen a coloca. Ademais da hipocrisía coa que inauguran a ordenanza de normalización lingüística do concello (BOPPO número 68) usando o espazo máis visíbel e relevante da Casa Consistorial para chulearse do seu incumprimento. Para cando unha pancarta a prol da nosa lingua, a nosa cultura – en definitiva – do noso na fachada municipal?.
Esiximos -pola dignidade da Estrada- que a retiren inmediatamente antes de facer o ridículo diante de quen nos visite. E, sobre todo, por respecto á veciñanza que non sente vergoña de ser quen é. E se eles queren ocultar o noso idioma, que non asuman a responsabilidade de gobernar para a promoción das cousas que nos son propias.
—
Porque non temos vergoña da nosa lingua: Retirada inmediata da pancarta do Concello
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































