A mostra ao aire libre, que repasa a historia desta tradición que se remonta
ao século XVI, poderá visitarse ata o martes 3 de xullo
Máis de 70 profesionais da comunicación de oito países acreditáronse xa
para cubrir os curros do sábado 7, domingo 8 e luns 9
A Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) convertiu hoxe
a alameda de Santiago de Compostela no seu mellor escaparate ao instalar unha exposición
ao aire libre que repasa a historia desta tradición centenaria -remóntase ao século XVI- e que
poderá visitarse ata o martes 3 de xullo.
Esta mostra enmárcase na campaña de divulgación que a Asociación Rapa das Bestas de
Sabucedo está a intensificar nos últimos días para promocionar a Rapa 2018, que se celebrará
entre os días 6 e 9 de xullo e que, como en anos anteriores, agarda reunir a máis de 20.000
persoas nun aldea de apenas 60 veciños.
Aínda que a programación de actividades arrancará xa na noite do xoves 5 coa IX Gala na
honra e louvanza dos aloitadores, as actividades máis agardadas serán «a baixa» dos cabalos e
bestas desde o monte na mañá do venres 6 e os curros do sábado 7 (19.00 horas), domingo 8
(12.00 horas) e luns 9 (12.00 horas). Nesta ocasión, a Asociación Rapa das Bestas de
Sabucedo decidiu que unha parte da recadación do curro solidario do luns entregarase á
Fundación Provincial do Banco de Alimentos, mentres que o resto destinarase á mellora das
condicións de vida dos cabalos e eguas nos montes da contorna de Sabucedo.
O festival RapaSons, o venres 6
Na noite do venres tamén está programada unha nova edición do festival RapaSons, que
presentará a actriz Isabel Risco e que contará a partires das 23.00 horas coas actuacións de
Davide Salvado, Fillos do Estramonio, Festicultores e Liviao de Marrao. Ademais, durante toda
a fin de semana a parroquia de Sabucedo acollerá distintas actividades musicais, culturais e de
animación infantil.
nota de prensa
Máis información: 673 156 204 (Alberto J. Rey) alberto.rey@somoswecom.com
Durante a inauguración da exposición ao aire libre na alameda compostelá, o presidente da
Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, destacou que ata a data de hoxe o
gabinete de prensa da Rapa 2018 acreditou xa para cubrir os diferentes curros a máis de 70
profesionais da comunicación procedentes de oito países: España, Portugal, Francia, Italia,
Países Baixos, México, Colombia e Estados Unidos.
Nota: Nas fotografías adxuntas aparecen o presidente da Asociación Rapa das Bestas de
Sabucedo, Henrique Bazal, e Manuel Cabada, veciño de Sabucedo, hoxe, na alameda de
Santiago, diante dos paneis da exposición «O sentir dun pobo. Sabucedo e a Rapa das
Bestas






































