O goberno do PP é un goberno «pasota», que non asume as súas responsabiliades
Durante o Campionato Galego de Ximnasia de Trampolín, no que participaron clubes de todo o país e mesmo había un de Valladolid, houbo días (concretamente o domingo) que, ao chegar pola mañá os participantes atopáronse co pavillón cheo de lixo (bolsas, latas, …) ciscado por todas partes, dando unha imaxe penosa e vergoñenta do noso concello. Foron os propios participantes do campionato os que tiveron que asumir as tarefas de limpeza que ten que coordinar ao goberno municipal do PP.
Desde o grupo municipal do BNG reiteramos unha vez máis que o goberno municipal ten que asumir as súas responsabilidades, reforzando a limpeza dos pavillóns cando sexa necesario. Non podemos dar unha imaxe tan lamentábel.
Por outra parte, desde o BNG non é a primeira vez que denunciamos a este goberno municipal polas súas graves irresponsabilidades á hora de xestionar; estamos ante un goberno “pasota” que vive obcecado polos grandes investimentos como o da Alameda, mentres ignora as pequenas cousas do día a día, pero que sen embargo teñen unha importante repercusión no benestar dos veciños e veciñas.
—






































