A Rapa das Bestas de Sabucedo ve «erradas e inxustas» as críticas dos colectivos animalistas

O presidente da asociación, Henrique Bazal, desminte «rotundamente» que
se propicien as «pelexas de garañóns» dentro do curro
 Lémbralles aos animalistas que «os veciños desta parroquia traballan todo
o ano para coidar aos animais e mellorar as súas condicións de vida nos
montes da contorna de Sabucedo»

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) saiu
hoxe ao paso das críticas verquidas nos últimos días contra esta tradición ancestral por parte
de colectivos animalistas como Libera ou a Fundación Franz Weber, apuntando que trátase de
«ataques errados e inxustos realizados desde un total descoñecemento da realidade».
O presidente da asociación, Henrique Bazal, desmentiu «rotundamente» que na Rapa das
Bestas de Sabucedo se propicien as pelexas de garañóns dentro do curro e salientou que «os
veciños de Sabucedo traballan todo o ano para coidar aos animais e mellorar as súas
condicións de vida nos montes da contorna de Sabucedo».
Neste senso, apuntou que «a verdadeira defensa dos animais é subir ao monte durante os doce
meses do ano, chova, neve ou faga sol, para facer desbroces, para construír e reparar peches,
para habilitar zonas de pasto, para realizar tarefas de prevención de incendios e para coidar
aos poldros ou cabalos que están febles ou enfermos».
Por iso, reitera que as críticas das organizacións animalistas son «ademais de oportunistas,
tremendamente inxustas» e esperan que teñan «nulo percorrido administrativo». Así, lamenta
que cuestionen ata o cobro das entradas polo acceso ao curro, xa que «eses cartos serven
para sufragar gastos vinculados á mellora das condicións de vida destes animais que habitan
libremente no monte». «Para a Asociación Rapa das Bestas, o curro, moito antes que festa ou
espectáculo é traballo, porque serve para identificar e desparasitar aos cabalos, unha tarefa,
esta última, que lles permite soportar mellor a súa vida salvaxe lonxe dos coidados que poden
ter os cabalos mansos», apunta Henrique Baza

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta