Nemesio Rey augura que a XXXII Feira do Moble preséntase como «a mellor dos últimos anos»

• Un total de 30 firmas contrataron xa espazo no certame que se
celebrará do 19 ao 23 de setembro no recinto feiral da Estrada
• A fundación estrea unha renovada páxina web,
feiradomoble.gal, e editará alomenos 2.000 exemplares dunha
publicación coa colaboración da Deputación de Pontevedra

 

O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada,
Nemesio Rey Pazos, aproveitou hoxe a presentación da renovada páxina web desta
entidade, feiradomoble.gal, para informar dos avances na organización da trixésimo
segunda Feira do Moble de Galicia, que terá lugar do 19 ao 23 de setembro e que, na
súa opinión, «preséntase, a priori, como a mellor dos últimos anos».
Nemesio Rey, que compareceu en rolda de prensa acompañado polo concelleiro de
Industria da Estrada, Óscar Durán, confirmou que a día de hoxe xa confirmaron a súa
presenza na feira unha trintena de expositores, entre os que destacou a participación
de firmas locais como Mucarce, Corral y Couto, Fervenza Mobiliario, Carpintería Rivas,
Artest, Lani Estrada, SuymaPlus Madera ou Artesanía Ferradáns.
«Para a fundación é moi importante contar coa implicación do sector local do moble e
da madeira, porque sen eles posiblemente esta feira non tería sentido na Estrada; e
por iso queremos animar a algunhas firmas que aínda están dubitativas a que dean un
paso ao frente porque, entre todos, conseguiremos que a feira sexa moito mellor»,
asegurou o xerente da fundación.
Cando faltan 77 días para a inauguración do certame, Nemesio Rey remarcou entre as
novidades desta trixésimo segunda edición a inclusión dunha Zona Contract «orientada
a empresas cuxa canle de distribución non é tanto o público familiar, senón os
negocios, as empresas e as institucións ou prescriptores que traballan para elas, como
Contacto: 673 156 204 (Alberto J. Rey) – alberto.rey@somoswecom.com
arquitectos, deseñadores e interioristas». Ademais, referiuse á redistribución dos
expositores en novas ubicacións, «congregando á práctica totalidade dos expositores
da Estrada no pavillón 3», e apuntou tamén a substitución das xornadas técnicas, «que
apenas estaban a xerar interese nos últimos anos», por actividades indirectamente
vinculadas ao mobiliario de cociña, como showcookings, etc.
Por último, salientou a «forte aposta» que realizará a fundación nos ámbitos da
comunicación e a publicidade, xa que considéraas «vitais para conseguir que a feira
sexa rendible para os expositores e atractiva para os visitantes». Neste senso, indicou
que ademais de planificar unha campaña específica para as redes sociais na que se
implicarán persoeiros coñecidos da Estrada, tamén está prevista a distribución de
alomenos 2.000 exemplares dunha publicación promocional da feira que se editará
grazas á colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta