A organización invita «a comezar a vivir esta tradición xa desde o venres
coa subida ao monte ás sete da mañá para axudar a xuntar os cabalos»
Davide Salvado, Fillos do Estramonio, Festicultores e Liviao de Marrao
actuarán o venres a partires das 22.30 horas dentro do festival RapaSons
Preto de 200 profesionais da comunicación acreditáronse e confirmaron a
súa presenza en Sabucedo ao longo da fin de semana para cubrir a rapa
A IX Gala Rapa das Bestas na honra e louvanza dos
aloitadores abrirá mañá xoves, a partires das 22.00 horas no propio curro, a programación de
actividades da Rapa das Bestas de Sabucedo que máis interese mediático e de fotógrafos
freelance está a espertar, posto que xa se acreditaron e confirmaron a súa presenza esta fin de
semana en Sabucedo preto de 200 profesionais da comunicación procedentes de 11 países.
Ademais dos xornalistas, fotógrafos e reporteiros chegados de diferentes puntos de España,
destaca unha nutrida presenza de reporteiros e fotógrafos portugueses, así como de fotógrafos
estadounidenses. Na cobertura desta Rapa tamén participarán profesionais chegados de
Francia, Dinamarca, Corea do Sur, Italia, Colombia, Reino Unido, Holanda e México.
Desde a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, o seu presidente, Henrique Bazal, invita «a
tódolos amantes dos cabalos e da natureza a comezar a vivir esta tradición xa desde o venres
coa subida ao monte ás sete da mañá para axudar a xuntar os cabalos e baixalos cara ao
peche do Castelo».
Na xornada do venres, outro gran atractivo será o festival RapaSons, que comezará ás 23.00
horas e contará coas actuacións de Davide Salvado, Fillos do Estramonio, Festicultores e
Liviao de Marrao.
Tres rapas
Desde a Asociación Rapa das Bestas lémbrase que aínda quedan algunhas entradas
dispoñibles na venda anticipada a través da páxina web www.rapadasbestas.gal e da
plataforma Ticketea para asistir ás tres rapas no curro: sábado 7 ás 19.00 horas, domingo 8 ás
nota de prensa
Máis información: 673 156 204 (Alberto J. Rey) alberto.rey@somoswecom.com
12.00 horas e luns 9, tamén ás 12.00 horas.
Diálogo construtivo
Por último, en relación á reiteración de certas críticas por parte dalgún colectivo animalista,
desde a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo avógase por abordar os debates sen ánimo
de polemizar e cunha perspectiva construtiva. Por iso, amósanse partidarios de «sentarse a
falar, sen demagoxias e sen xeralizacións inxustas, sobre aspectos que poidan mellorar o
benestar dos animais e as súas condicións de vida no monte».






































