A Estrada conmemora ao primeiro xuíz que ditou sentenzas en galego

 

O Concello da Estrada realizou hoxe unha cerimonia para conmemorar a Fernando Fernández de
Leiceaga, o primeiro xuíz da comarca en ditar sentenzas en Galego mediante a colocación de unha
placa instalada na planta baixa do Consistorio. Fernández asinou a primeira sentenza na historia
xudicial de A Estrada en mayo de 1990.
O maxistrado destacou a necesidade de promover e estender o uso do galego, tanto no campo legal
como dentro das institucións e recordou que os concellos xogan un papel «moi importante» no tocante
ao uso da lingua propia como lingua xurídica e institucional.
Fernández de Leiceaga, tamén recordou aos pioneiros que reivindicaron o valor do uso do galego,
como as Irmandades da Fala ou o Grupo Nós e afirmou que segue coaa súa «tarefa autoimposta»
linguaxe de defensa e promoción da lingua no ámbito xurídico en diferentes lugares da xeografía da
comunidade.
Finalmente, recoñeceu que, se algo se consegue na defensa dunha lingua non é cuestión de unha
persoa, senón que se debe a todos os que se implican coa causa e indicou que, para acadar a normalización
simplemente hai que empregar o idioma.
Tras esta intervención, o maxistrado Xesús Palmou recordou o bo traballo e proceder do homenaxeado
durante os momentos en que ambos coincidiron nos xulgados da Estrada, e afirmou que Fernández
contribuía enormemente á normalización do galego no campo legal porque permitía que os
veciños se expresaran na súa lingua vernácula, algo que favoreceu a fluidez e naturalidade dos que
acudían á cámara.
A continuación, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo inquiriu que
aínda estamos nunha fase moi inicial do que debe ser un uso normalizado do galego no ámbito xudicial,
pero recoñeceu que «hai que ir pouco a pouco» e que «non se vai facer nun mes o que non se
logrou en vinte anos».
Por outra banda, o secretario xeral da política lingüística, Valentín García, explicou que a iniciativa
tomada polos xuíces como Fernández respondeu a unha razón moi sinxela, que non era outra que
adaptarse á realidade social en que se atopaban.
García tamén recordou a importancia que tivo o feito de que unha sentenza como a o caso Prestige
fora ditada en galego. «Era importante que esa sentenza que ía ser lida en todo o mundo estivese en
galego», salientou.
Nunha segunda intervención, o homenaxeado entregou un documento para que o asinasen os alcaldes
da Estrada, Forcarei e Cercedo-Cotovade onde se comprometían ao uso da lingua galega na
administración.
Para pechar o acto, o alcalde da Estrada, José López, reafirmou o compromiso do municipio coa
lingua, do que afirma que “seguirá sendo bandeira”, xunto con Cercedo-Cotovade e Forcarei no uso
e normalización. Tamén recoñeceu que para acadar estes obxectivos é necesario introducilo no día a
día e sinalou a importancia de seguir ofrecendo servizos na nosa lingua aos veciños, incluídos os
xurídicos.
Como remate, López sinalou a importancia de facilitar a proximidade das institucións aos veciños e
asegurou que é un orgullo para A Estrada ser un dos concellos pioneiros na normalización da lingua
a través de esa primeira sentenza que en maio 1990 tirou un muro.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta