A Fundación de Exposicións e Congresos pon a punto os pavillóns para a 32ª Feira do Moble

º A empresa Cubiertas Payno está a arranxar parte da cuberta do pavillón 3
e no pavillón 4 xa remataron os traballos de pintado do interior
• Só queda dispoñible o 5% do total da superficie de exposición ofertada
• Ademais das empresas locais e das chegadas de diferentes puntos de
Galicia, asistirán firmas de Alicante, Madrid, Leganés, Toledo, Asturias,
País Vasco e Portugal.

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada está a
aproveitar as condicións climatolóxicas favorables destes primeiros días de agosto
para avanzar na posta a punto dos pavillóns do recinto feiral coa finalidade de que
estean en perfecto estado para a celebración da 32ª Feira do Moble de Galicia, do 19
ao 23 de setembro.
No pavillón 4 xa remataron os traballos de acondicionamento e pintado do interior e no
pavillón 3 a empresa Cubiertas Payno está a acometer estes días o proxecto de
arranxo de parte da cuberta, que supón un investimento cercano aos 29.000 euros.
O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, Nemesio Rey, confirmou hoxe
que «cando faltan aínda 47 días para o comezo da feira, xa se alcanzaron as 60 firmas
participantes e xa só queda dispoñible o 5% do total da superficie ofertada».
Nemesio Rey destacou que, ademais das empresas estradenses e das procedentes
doutros puntos de Galicia, a trixésimo segunda edición da Feira do Moble de Galicia
tamén contará con firmas procedentes de Alicante, Madrid, Leganés, Toledo, Asturias,
País Vasco e Portugal.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta