A Feira do Moble de Galicia, que celebra a súa trixésimo segunda edición do 19 ao 23 de setembro no recinto feiral da Estrada, é un dos eventos que organiza anualmente a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Considerado o maior escaparate de mobiliario de Galicia, contará coa participación de 65 expositores dos sectores do mobiliario, o interiorismo e a decoración, que amosarán tendenzas, produtos e servizos dunha ducia de áreas: mobiliario contemporáneo, clásico, de vangarda, infantil, de cociña, de oficina, descanso, sanitarios, iluminación, interiorismo e decoración, contract e agasallos e complementos. Nesta ocasión, a Feira do Moble concentrou a súa actividade en cinco xornadas -fronte aos nove días de 2017-, se ben agarda alcanzar a cifra de 12.000 visitantes rexistrada o ano pasado ao longo dos nove días.
65 expositores participantes
Mobiliario, interiorismo e decoración
Cinco días de feira
Espazo contract
O recinto feiral
O recinto feiral da Estrada, situado na zona deportivo-cultural, conta cunha superficie global de 26.000 metros cadrados, distribuídos entre os cinco pavillóns habilitados para esta feira e a zona de exposición exterior. Durante os cinco días do certame, do 19 ao 23 de setembro, o recinto feiral abrirá ininterrompidamente desde as 11.00 ata as 20.00 horas, dispoñendo de servizo de restaurante/catering tanto para expositores como para visitantes. O percorrido natural e recomendable do recinto comeza no pavillón 3 (acceso á feira) e remata no pavillón 2 (saída da feira).
ProgramaCIÓN de actividades
MÉRCORES 19 DE SETEMBRO
•
9.30 horas: Emisión en directo do programa “Galicia por Diante” da Radio Galega desde o recinto feiral da Estrada.
•
11.00 horas: Apertura do recinto feiral.
•
11.00/14.00 horas: Demostración dun simulador virtual de barnizado no stand do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing.
•
12.30 horas: Inauguración da 32ª Feira do Moble de Galicia, presidida polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
•
19.00 horas: Showcooking con degustación gratuíta no stand de Mucarce a cargo dos cociñeiros Diego López, do Restaurante La Molinera (Lalín), e Pepe Solla, de Casa Solla (Poio).
•
20.00 horas: Peche do recinto feiral.
XOVES 20 DE SETEMBRO
•
11.00 horas: Apertura do recinto feiral.
•
12.30 horas: Charla informativa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural sobre as Axudas Leader. Ofrece a charla o subdirector de Relacións cos GDRs de Agader, Javier Blanco Carballal.
•
12.30 horas: A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visita a feira.
•
16.00/20.00 horas: Demostración dun simulador virtual de barnizado no stand do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing.
•
19.00 horas: Showcooking con degustación gratuíta no stand de Fervenza Mobiliario a cargo de Jaume García, de Velis Nolis Bistró.
•
20.00 horas: Sorteo de agasallos entre os visitantes (2 estancias dunha noite para dúas persoas no Hotel Castro do Balneario Termas de Cuntis, en réxime de aloxamento e media pensión, con acceso ao circuíto lúdico-termal Acquaform; e 2 ceas para 2 persoas no restaurante O Asador de Leo).
•
20.00 horas: Peche do recinto feiral.
VENRES 21 DE SETEMBRO
•
11.00 horas: Apertura do recinto feiral.
•
11.00/14.00 horas: Demostración dun simulador virtual de barnizado no stand do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing.
•
18.30 horas: Showcooking con degustación gratuíta no stand de Corral y Couto a cargo dos responsables da cociña do restaurante O Camiño (A Estrada).
•
19.00 horas: Acto de entrega do XXIII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Fernando Redondo Neira.
•
20.00 horas: Peche do recinto feiral.
SÁBADO 22 DE SETEMBRO
•
11.00 horas: Apertura do recinto feiral.
•
12.00 horas: Presentación do proxecto Erasmus+FUTUREfacing, a cargo de Ana Alzate (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Montserrat Rodríguez (CIS-Madeira).
•
20.00 horas: Sorteo de agasallos entre os visitantes (2 pases dobres para acceder ao circuíto lúdico-termal Acquaform do Balneario Termas de Cuntis; e 2 ceas para 2 persoas no restaurante O Asador de Leo).
•
20.00 horas: Peche do recinto feiral.
DOMINGO 23 DE SETEMBRO
•
11.00 horas: Apertura do recinto feiral.
•
12.00 horas: Circuíto de karts para nenos/as no exterior do recinto feiral por cortesía de Reale Seguros A Estrada.
•
20.00 horas: Sorteo de agasallos entre os visitantes (2 estancias dunha noite para dúas persoas no Hotel Castro do Balneario Termas de Cuntis, en réxime de aloxamento e media pensión, con acceso ao circuíto lúdico-termal Acquaform; 1 pase dobre para acceder ao circuíto lúdico-termal Acquaform do Balneario Termas de Cuntis; e 2 ceas para 2 persoas no restaurante O Asador de Leo).
•
20.00 horas: Peche do recinto feiral.







































