O concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, presentou hoxe na Sala de Xuntas do Consistorio a programación cultural planificada para o “Outono no Principal 2018”, que contará con 25 actuacións dende setembro ata finais de decembro.
Esta cifra ascende ata arredor dos 40 eventos cando se inclúen tamén os que terán lugar nas parroquias, nun esforzo do Concello co que “se tenta que a vila estea á altura das expectativas da cidadanía” en canto á oferta cultural, sinalou o concelleiro.
As actuacións foron elixidas tendo en consideración a todos os públicos, aínda que se puxo especial interese á hora de escoller a axenda infantil, na que terán un lugar destacado os musicais Naviland Monster Rock, e na que repetirá, por aclamación popular, Os tres porquiños.
Esta tempada cultural comezará de forma oficial da man dun dos diversos grupos de artistas estradenses que se dan cita nesta XIV edición; o Teleclube da comedia dará o disparo de saída o vindeiro sábado 22 de setembro na parroquia de Orazo.
O Principal recibirá este ano a visita de destacados artistas do panorama nacional, tales como Pepe Viyuela, que porá en escea un espectáculo clown, e Luis Piedrahita, para cuxo monólogo, Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, xa están vendidas a metade das entradas.
Constenla incidiu no feito de que é preciso pasar polo departamento de Cultura do Concello para recoller as invitacións para as actuacións de balde que vaian a interpretarse no Teatro Principal, por cuestións de aforo e finalizou a súa intervención sinalando que o obxectivo dende Cultura é que os estradenses queden seducidos por un ou outro evento, ademais de facer accesibles os espectáculos ao público e ampliar a “oferta cultural, xa extensa, coa que conta a vila”.
OUTONO NO PRINCIPAL
Programa cultural A Estrada 2018
SETEMBRO
A CASA DO TERROR
Xoán Curiel + A Banda Son + d2
DÍA: Venres 28
HORA: 20.00 h
LUGAR: Alameda municipal (en caso de chuvia no Teatro)
XÉNERO: Concerto pop
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Público infantil (6-12 anos)
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde
A casa do terror é un libro disco editado por Galaxia que se transformou, da man do programa de dinamización lingüística Fala Redes, nun espectáculo terrorificamente divertido. Conta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a pasar a noite nun castelo encantado. Unha historia chea de risos e sustos que se desenvolve a través de cancións, bandas, xogos de clown e teatralizacións nas que os máis cativos participan activamente.
MAR ADIANTE
Odaiko
DÍA: Domingo 30
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Títeres, ritmo e percusión
DURACIÓN: 55 min
CATALOGACIÓN: Familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde (recollida de convites no Departamento de Cultura)
Este espectáculo, incluído no programa Ano da lingua da Deputación de Pontevedra, súmase ás celebracións das Letras Galegas facendo unha adaptación teatral do libro de M.ª Victoria Moreno Mar adiante. Un espectáculo que mestura cantigas e música, danza e marionetas nunha singular travesía na que navegaremos rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nesta historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro.
OUTUBRO
SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA CON DOUS CANS PRECIOSOS
Matriohska Teatro
DÍA: Venres 5
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Teatro contemporáneo
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Adultos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada no Departamento de Cultura)
Chelo do Rejo, Anabell Gago e Lorena Conde fan nesta montaxe un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora comprometida, mestra apaixonada, e pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos revela estados de ánimo, universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente e de accións e camiños por camiñar.
OS TRES PORQUIÑOS
Educa Teatro
DÍA: Sábado 6
HORA: 17.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Público familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: 6,00 € (Entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos.
PLAN SIBERIA EN CONCERTO
DÍA: Domingo 21
HORA: 19.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto indie
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00€ (entrada anticipada no Departamento de Cultura)
Gañador por segundo ano da Canción do verán da TVG, Gabriel Estrada, fundador e compoñente de Plan Siberia, presentará no Teatro Principal as cancións do seu novo traballo discográfico, un traballo composto por cancións, frescas, pegadizas e de estilo indie.
LA ZANJA
Titzina Teatre (Barcelona)
DÍA: Sábado 27
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Público adulto
DURACIÓN: 90 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 5,00 € (entrada anticipada no Departamento de Cultura)
La zanja, é a quinta proposta dos creadores cataláns Pako Merino e Diego Lorca. Nesta ocasión, os actores utilizan unha historia actual para trasladarnos a un momento histórico que formula temas esenciais como a condición humana e as súas diferentes formas de entender o progreso e que consegue crear un universo poético que seduce e emociona. Un dos espectáculos do ano en España. Imprescindible!
NOVEMBRO
MONSTER ROCK, O MUSICAL DE HALLOWEEN
Cía Telón Corto
DÍA: Sábado 3
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical de halloween
CATALOGACIÓN: Público familiar (debe ir disfrazado)
DURACIÓN: 90 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 8,00€ (entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco) 10.00 € (en billeteira)
O tren procedente de Monster Rock acaba de facer a súa entrada na plataforma do teatro … O Home Invisible, Frank, Lobo, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost están citados no vello Castelo da Roca para solucionar un grave problema: Os monstros teñen medo. Xuntos buscarán a clave para vencer o medo á escuridade e para iso necesitarán a axuda de todos os cativos… Ven ao teatro disfrazado de Halloween e pásao de medo!
LUÍS PIEDRAHITA
LAS AMÍGDALAS DE MIS AMÍGDALAS SON MIS AMÍGDALAS
DÍA: Venres 9
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo comedia
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN:
ENTRADA: 15,00 (patio de butacas) 12,00 (palco) Venda anticipada no departamento de Cultura e na web www.ataquilla.com
Las amígdalas de mis amígdalas non é un monólogo chistoso máis. É unha antoloxía de anécdotas xeniais entresacadas da vida cotián, unha disertación chea de hipérbo-
les luminosas que falan do tempo e da espera. Despois de esgotar todas as funcións nos cines Callao de Madrid, Luis Piedrahita chega a Galicia presentando un dos es- pectáculos máis exitosos do ano.
LEILÍA, EN CONCERTO
Consentimento
DÍA: Sábado 17
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto de folk tradicional
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións no departamento de Cultura)
Enmarcado no programa Musigal da Deputación de Pontevedra, chega á Estrada o quinto traballo de Leilía. Un disco con vocación acústica, no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita reflicten á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de poe- tisas como Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez ou Marilar Alei- xandre. O deseño do espectáculo corre por conta de Quico Cadaval, un dos grandes profe- sionais da escena galega.
FESTIVAL LUME NA LAREIRA
DÍA: Domingo 18
HORA: 18.00 h
XÉNERO: Festival de música tradicional
DURACIÓN: 150 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 €
Este festival estradense de música tradicional chega este ano á súa décimo primeira edición, unha edición que coma vén sendo habitual reunirá a unha ampla representación de grupos folclóricos, tales como os alumnos da Escola de Poio, Tequexetéldere ou Os da Pereiriña. Haberá, ademais, unha colaboración teatral por parte de Gonzalo Valcárcel e do Padre Xiao, e un peche de festa a cargo da agrupación Lume na Lareira.
LOIS PÉREZ
Contos de medo
DÍA: Venres 23
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Narración oral
DURACIÓN: 45 min
CATALOGACIÓN: +12
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde
Enmarcado dentro das actividades programadas no Festival de Cine de Terror Panic, o narrador oral Lois Pérez centrará a súa contada nas lendas de medo da tradición oral. Nas historias do narrador lugués conflúen a tradición oral, o humor, a poesía e as máis altas e baixas paixóns humanas. Antes da actuación de Lois, varios integran- tes do Club de Lectura farán unha dramatización de contos de medo da súa autoría.
CONCERTO DE STA CECILIA
BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA
DÍA: Sábado 24
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música clásica e popular
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde
Coma todos os anos, a Banda Municipal da Estrada, dirixida por Xabier Comesanha, rende homenaxe á súa patroa, nun concerto cun repertorio pedagóxico e heteroxéneo no que se mesturarán obras de carácter sinfónico con outras de estilo popular.
CONCERTO DE STA CECILIA
BANDA CULTURAL DA ESTRADA
DÍA: Domingo 25
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Bandístico
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde
Tomando o relevo da Banda Municipal, a Banda Cultural da Estrada, dirixida por Ricar-
do Oliver, celebra a festividade de Sta Cecilia, nun concerto que reunirá a músicos de distintas xeracións da agrupación e unha selección musical procedente do repertorio clásico e popular.
FESTA DA POESÍA
+ Entrega do Premio Avelina Valladares
DÍA: venres 30
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Recital poético
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde
Coma todos os anos, a entrega do Premio Avelina Valladares de poesía e a Festa da Poesía unen esforzos para homenaxear á palabra poética. Unha delegación de todos os centros educativos da zona e unha representación de distintos colectivos locais toman a palabra para honrar á lingua e literatura galegas.
DECEMBRO
SON GALEGO SON CUBANO
Roi Casal
DÍA: 1 de decembro
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Música contemporánea
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego / castelán
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitación)
Con textos poéticos de Xosé Neira Vilas, e unha mestura de artistas galegos e cubanos sobre o escenario, o arpista, compositor e cantante Roi Casal trae ao Teatro Principal o froito musical do achegamento entre a cultura galega e cubana. Un concerto con sabor a bolero, a habanera e a conga pero tamén a foliada, a alalás e a pop; un concerto convertido no gran musical dos últimos anos dentro e fóra de Galicia. Reserva a túa entrada!
NAVILAND, EL MUSICAL DE LOS REYES MAGOS
Sketch Eventos (Madrid)
DÍA: Sábado 2
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil de nadal
CATALOGACIÓN: Espectáculo infantil-familiar
DURACIÓN: 75 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 10.00€ (entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)
Mony é unha cativa que o ten todo pero non é feliz. Nada lle fai ilusión, por iso este ano decidiu non escribirlles a carta aos Reis Magos. Para recuperar o espírito do nadal, emprenderá unha fantástica viaxe ao lugar no que viven os de Oriente. Nesa viaxe, Mony estará acompañada por unha divertida tropa de personaxes que farán da súa viaxe unha aventura inolvidable. Un musical entrañable que ningún neno debería perderse e no que poderán achegarlles a súa carta aos Reis Magos.
FESTIVAL DE NADAL DE CORAIS
DÍA: Sábado 15
HORA: 20.30 h
LUGAR: Igrexa parroquial de Berres
XÉNERO: Música coral
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde
SINOPSE: Achégase o nadal, e con el, a homenaxe que todos os anos a Coral Polifó- nica de Berres lle rende en forma de panxoliñas e diversos cantos de motivo navide- ño. Nesta ocasión, o concerto contará, ademais da agrupación organizadora, coa participación da Coral O Peirao do Freixo (Outes) e a Coral San Simón de Cacheiras.
PEPE VIYUELA
La encerrona
DÍA: Sábado 15
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Clown
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 10.00 € (entrada anticipada en Cultura)
SINOPSE: Hai un reducido número de espectáculos, que por dereito propio, xa forman parte da nosa historia teatral. Como sinala a crítica especializada, La encerrona é o mellor espectáculo de Pepe Viyuela, un espectáculo de culto, con guitarra e cadeira plegable que o situou no Olimpo dos cómicos españois e que todos deberiamos ver polo menos unha vez na vida. Comedia cinco estrelas!
CONCERTO DE FIN DE ANO
Banda Municipal da Estrada + Coral Polifónica Estradense + Coral Polifónica de Soutomaior
DÍA: sábado 22
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música coral
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións)
SINOPSE: Xa é un clásico do nadal estradense. O concerto de fin de ano interpretado pola Coral Polifónica Estradense, unha sección da Banda Municipal da Estrada e a Coral Polifónica de Soutomaior porá o broche musical ao ano 2018 cunha variada selección de fragmentos corais ambientados no nadal.
ENCONTRO DE CORAIS PARROQUIAIS
DÍA: domingo 23
HORA: 17.30 h
LUGAR: Igrexa parroquial da Estrada
XÉNERO: Música coral
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde
SINOPSE: Outro clásico do nadal estradense. O concerto de noiteboa interpretado por unha ducia de coros pertencentes a distintas parroquias estradenses volverá encher a igrexa parroquial de panxoliñas e cancións recollidas do cancioneiro popular e litúrxico.
RETRETE CABARETE
O Cabaret de Dorian Gray
DÍA: mércores 26
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monicreques / Teatro con globos
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: 0-4
LINGUA: Non verbal
ENTRADA: 3,50€
SINOPSE: O Retrete de Dorian Gray mestura neste espectáculo varios dos números máis exitosos dos seus 10 anos de vida. Escenas das que os personaxes xorden da manipulación de globos diante do abraio dos cativos. Música, globos e o virtuosismo interpretativo. Velaí os tres ingredientes que levaron á compañía a percorrer o mundo coa súa proposta escénica.
BALEADAS
Cía Traspediante danza
DÍA: Xoves 27
HORA: 12.30 h
XÉNERO: Teatro danza
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: + 3 anos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 3,50€
SINOPSE: Marta Alonso, Paula Alonso e Begoña Cuquejo presentan unha das súas propostas máis suxerentes. Un xogo coas baleas, coas cores, e tamén co públido de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e inte- ractúan, refacéndose no mesmo espectáculo. A compañía TrasPediante experimenta coa tecnoloxía creando sropresas, risa e baleas en anaglifo, inspirándose no poema- rio Balea2 do poeta Estevo Creus.
GALA TELECLUB DA COMEDIA NADAL
DÍA: xoves 27
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo cómico
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +10
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00€
SINOPSE: Despois do éxito da primeira edición, Chelo do Rejo, Fran Campos, O Padre Xiao, Pablo Chichas, As Lerchas, Manolo do Atlético e o Mago Toño, acompañados pola batuta do mestre Carlos Barruso, volverán encher de gargalladas o nadal cos seus monólogos cómicos. A Stand up comedy en formato estradense!
PIEDRA A PIEDRA
El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)
DÍA: venres 28
HORA: 12.30 h
XÉNERO: Teatro de obxectos
DURACIÓN: 30 min
CATALOGACIÓN: 2-4 anos
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 3,50€
SINOPSE: Tras máis de 1.600 representacións por 38 países e 4 continentes. Despois de recibir 16 premios nacionais e internacionais, ademais dunha nominación aos prestixiosos Premios Max, chega á Estrada unha das mellores montaxes dos últimos anos en España. Piedra a piedra é unha marabillosa proposta que consegue espertar a imaxinación dos máis cativos a partir da manipulación de pedras e restos mariños. Un espectáculo de visita obrigada!
SCREEN MAN
El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)
DÍA: Sábado 29
HORA: 12.30 h
XÉNERO: Espectáculo teatral de video mapping
DURACIÓN: 35 min
CATALOGACIÓN: +2 anos
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 3,50€
Screen man, ou o «home pantalla», é aquel ser máxico que nos axuda a facer realidade os nosos soños. Para demostrarnos que todo é posible fai xurdir das pantallas xogos máxicos, nubes que se moven aos seus soplidos, letras que caen da súa gorra, realidades que se van formando tralo movemento das súas mans… Un espectáculo que te deixará coa boca aberta!






































