A Estrada xa conta cos novos contedores para o casco urbano

Os novos contedores de carga lateral chegaron hoxe á localidade e están en Guimarei á espera de completar as tarefas de montaxe dos mesmos para proceder á súa posterior colocación nos lugares correspondentes do casco urbano da Estrada, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos.

Procederase ao cambio a partir da vindeira semana de 330 contedores que serán substituídos por 150 dos novos, xa que cada un destes contedores conta con tres veces máis capacidade que os que se veñen empregando ata o de agora.

O rexedor local fixo fincapé á hora de lembrar á veciñanza que estean atentos a non baixar o lixo polas mañás, para evitar que os contedores antigos estean cheos cando se vaia a proceder ao cambio por parte da empresa encargada.

Tamén matizou que se van a tratar de reempregar moitos dos contedores retirados e ter un remanente adecuado tanto destes como dos novos, dos que haberá que repoñer unidades con certa asiduidade.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta