Xosé Magariños: “O tempo de López acabouse, os veciños e veciñas xa tomaron boa nota de que este goberno do PP non funciona e de que hai que abrir un tempo novo con ideas claras para este concello

O alcalde da Estrada non dubidou de empregar unha vez máis as redes sociais para contestar a última campaña do BNG, Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “a campaña retranqueira ideada polo BNG non lle sentou ben, porque puxo en evidencia os necesidades e prioridades da vila e do rural dun xeito que vai máis alá da denuncia reiteradas que podemos facer a través do medios de comunicación”. “Mais a intención desta campaña é deixar patente que máis alá da Alameda os veciños e veciñas da Estrada teñen problemas,” engadiu, “algúns dos cales vimos arrastrando desde hai anos, como é o da traída da vila, que racha cada dous por tres”.
“É evidente que levar unha escavadora de verdade polo rural para arranxar estes problemas ten a súa complexidade”, afirmou Magariños, “especialmente se iso pensa facelo en só catro meses que son os que faltan para as Municipais de maio”. “Se o alcalde traballara polos veciños e veciñas os últimos catro anos, buscando fondos, xestionando, agora non lle virían as presas”, indicou.
“Xa estamos en tempo de desconto, López é como estudantes que estudan a noite anterior ao exame pensando que así aproban o exame”, explicou Xosé Magariños, “isto en política como nos estudos non funciona, os veciños e veciñas xa tomaron boa nota de que este goberno do PP non funciona e de que hai que abrir un tempo novo con ideas claras para este concello”.
—
BNG da Estrada






































