"A lúa da colleita" gaña a XXV Edición do Premio de Novela Manuel García Barros

la foto 1

A pasada semana tivo lugar a apertura da plica correspondente á novela gañadora do «Premio Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)» na súa XXV Edición.
Neste ano foron presentadas 21 obras orixinais cualificadas por un xurado composto por:

Dª Inma Otero Varela,
D. Armando Requeixo Cuba
D. Luis Alonso Girgado,
D. Carlos González de Lema Malvar
Don Carlos Loureiro Rodríguez, (secretario)

la foto 2A apertura da plica elixida polo xurado, levouse a cabo en acto público no Salón de Plenos do Concello da Estrada, presidido polo Tenente Alcalde do Concello da Estrada D. Juan Constenla Carbón acompañado dos membros do xurado.

A novela gañadora foi “A lúa da colleita”, obra presentada baixo o lema “Neve de abril sobre o río Anakawa”, que aberta a plica resultou ser da autoría de Dna María dos Anxos Sumay García, que recibirá un premio de 9.000 euros e a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.

En opinión do xurado, é unha novela na que destaca o elaborado traballo de caracterización dos personaxes, nunha historia onde o cuestionamento da identidade e a alteridade se vencella coa memoria e o pasar do tempo. A trama propón fortes doses de intriga, simbolismo e unha arquitectura perfecta, de linguaxe moi visual, que arrastra os personaxes a finais inesperados, pero de implacable lóxica. Todo este mundo, moi cambiante, e recreado a través dunha prosa límpida, da depuración extrema que flúe limpa
e imparablemente.

Redacción e Fotografía: Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta