Linho do cuco, despois de 3400kms vén de aterrizar da viaxe ao Festival Interceltique de Lorient onde fixo dous concertos venres 2 (Espace Bretagne) e luns 5 (Palais du congrés) ante un numeroso público local e internacional. Este grupo saído das aulas de aCentral Folque conságrase no escenario máis importante para este tipo de músicas atlánticas, un
festival de máis de 40 anos de historia e unha recoñecida traxectoria.
Deleite, asombro e moito baile do público, que ateigou os recintos nesta edición dun festival que conmemoraba a Asturias foron a tónica.
Linho do cuco é un grupo lalinense de música contundente. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… que presentan neste ano o seu terceiro disco As Alegrias.
Web do grupo:
http://artistas.folque.org/linho-do-cuco/
Web do Festival:
http://www.festivaldelorient.es
Redacción: aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular






































