As promesas electorais de López repítense como a película do día da marmota

Mercadona, Autovía, saneamentos… volven a ocupar o tempo do candidato do PP como o turrón polo nadal

“Prometer o xa prometido, esa parece ser a estratexia do PP para as eleccións do 26 de maio”, afirmou Xosé Magariños, candidato á alcaldía do BNG. “Que veña agora a vendernos outra vez a urbanización do Mercadona é un insulto a intelixencia dos veciños e veciñas da Estrada”, indicou o candidato do BNG, “iso xa o fixo en 2015 e a día de hoxe aínda non se puxo a primeira pedra”. O candidato nacionalista recordou que o BNG “opúxose e oponse á realización deste proxecto, que vai ser a puntilla do comercio local da Estrada”.

“Po outra parte”, engadiu Magariños, “o alcalde fala de apoiar a natalidade e o comercio local, pero non indica como vai facer, non debulla eses proxectos, é dicir, fala por falar a ver ser é quen de enganar aos veciños e veciñas coa súa retórica baleira”.

“Pero o que xa é de traca é que fale outra vez de facer saneamentos no rural”, explicou Magariños, “cando leva oito anos sen realizar ningún saneamento en ningunha parroquia no rural, algo que non só é prioritario, senón amplamente demandado polos veciños e veciñas do rural”.

“E por suposto”, indicou Magariños, “o alcalde non se esquece da Autovía a Santiago, mais a pesar de contar co goberno amigo ou único que conseguiu foi unha ampliación até Pontevea, que complicará aínda máis os problemas de tráfico dese núcleo, así como dos veciños e veciñas da Estrada que transiten por el”.

“Os anuncios de López somo a película do día da marmota, que trunfaba alá por 1993, e no que todo se repetía unha e outra vez”, explicou Magariños, “pois no caso do candidato do PP o mesmo, cada campaña electoral repite exactamente o mesmo ca a anterior”. “Xa abonda de tomarlle o pelo aos veciños e veciñas”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta