A Estrada homenaxea este sábado, 11 de maio, ás 12:30 horas no Teatro Principal a Antonio Fraguas con contos e cancións. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita serán os encargados de dar vida a unha actividade de dinamización lingüística titulada Canta, miña pedra, canta. Trátase dun espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e das cancións que o autor, a cuxa figura se dedican as Letras Galegas 2019, recolleu nas súas Aportacións ao cancioneiro de Cotobade. Por motivos de aforo é preciso retirar invitacións, que xa se atopan dispoñibles no Departamento de Cultura do Concello da Estrada para acudir á actuación
A Estrada homenaxea o sábado a Antonio Fraguas con contos e cancións
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































