Un ano máis a volta ciclista España atravesa o noso concello, nesta ocasión o recorrido e horarios (orientativos) será o seguinte:
| RECORRIDO | CARAVANA | PELOTÓN |
| Oca | 12:04 | 13:27 |
| Moreira | 12:19 | 13:40 |
| Liñares | 12:24 | 13:45 |
| Lagartóns | 12:26 | 13:47 |
| A Estrada (Av Benito Vigo e Av de Pontevedra) | 12:28 | 13:49 |
| Cruce Portela dirección Val do Vea | 12:37 | 13:59 |
| Souto de Vea | 12:48 | 14:09 |

Con motivo do evento deportivo, 4ª Etapa da volta ciclista a España entre Lalín e Fisterra, que pasará polo noso Concello o martes dia 27 de agosto, infórmase que todas aquelas rúas que conflúan á Avenida Benito Vigo e á Avenida de Pontevedra, rúas polas cales pasará a caravana ciclista, estarán pechadas ao tráfico dende as 12:30 horas ata as 14:00 horas.
Redacción: Iria Eiras
Fotos Volta 2012: Iria Eiras







































