Nova cita có Folk este venres en San Xurxo de Vea

Festival Folk 300813O vindeiro venres 30 de Agosto nova cita para os amantes do Folk en San Xurxo de Vea nun Festival que celebra a súa 3ª Edición.

Está previsto que o festival de comenzo sobre as 22:30 horas, e a partir desa hora actuaran os seguintes grupos:

Retrouso de Ouzande.
O Recobio de Vaamonde.
Regato de Matamulleres, de Callobre.
Estofados en Salsa, de Cuntis.

Os tres primeiros grupos teñen un repertorio folk tradicional; temas coñecidos por todolos asistentes co cal será fácil que todos nos arraquemos a cantar algún que outro tema, faendo a festa mais participativa e o traballo dos grupos mais doado.

es4O último grupo en actuar, polo tanto os encargado de poner o broche de ouro o festival serán os cuntienses dos Estofados en Salsa do cal forman parte , Damián Cortés á voz e saxo, Abrahán Sande e Fran Campos ó baixo e guitarra respectivamente e Alberto Torres á batería e percusións. Eles definen o seu espectáculo como un espectáculo musicómico, e faramnos gozar a todos de temas de moi diferentes estilos e sobradamente coñecidos con un toque estofado moi característico e singular.

Como nas pasadas ocasións o festival celebrarase no campo da festa de San Xurxo de Vea, pero con algún que outro cambio de ubicación das actividades, que evidentemente aquí non desvelaremos para non fastidiarlle a sorpresa ós asistentes.

IMG_0044Ainda que nun principio non este previsto a acampada a zona permiteo, asi que se a alguén lle apetece traerse a tenda e quedar a pasar a noite en Vea, non terá ningún tipo de problema.

Ainda que o Festival Folk de San Xurxo de Vea, é un festival moi xoven, dende a organización, estamos a traballar con moitas ganas para que vaia medrando pouquiño a pouco e se convirta nun referente do folclore tradicional como xa o son outro festivais da zona, como poden ser As Nosas Músicas de Couso, ou o Folk de Raiz de Callobre. Festivais que tomamos como exemplo a seguir, e dos cales aprendemos moito edición tras edición.

Redacción e Fotografías: Comisión Festival Folk de San Xurxo de Vea

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta