O PSOE PROPÓN CENTRAR ESFORZOS EN AMPLIAR AS ACTIVIDADES DURANTE O NADAL E AFORRAR NO CUSTO DA ILUMINACIÓN

O PSOE da Estrada propón ampliar a axenda de
actividades durante o nadal e critica o “prezo” da iluminación na Estrada.
Consideran que “O orzamento de 2019 prevé a escandalosa cifra de 40.000
euros para a iluminación de nadal na rúa. É o máis caro da historia da
Estrada e non é nada espectacular”.
López Bueno considera que “por suposto que hai que ter alumeado, é unha
tradición e contribúe ao ambiente de nadal na vila, pero é evidente que se
podería colocar por un prezo moito máis económico. O sobrante dese
axuste debería dedicarse a ampliar a axenda de actividades, para incentivar
aos veciños e veciñas a saír á rúa”. Ademais diso, tamén critica que “no
rural non hai nin unha soa iniciativa promovida polo concello, debe ser que
nas parroquias non existe o nadal”.
A proposta dos socialistas está encamiñada a “dinamizar o comercio con
solucións reais”. O voceiro socialista valora que “A Estrada non é o concello
de Vigo, o noso alumeado é moito menos atractivo. Debemos competir con
outras propostas, como unha axenda máis completa de actividades ou con
outros proxectos que atraian pola súa vistosidade, como acontece co Belén
vivente de Dacón ou o de Monforte”.
Sobre a pista de patinaxe sobre xeo o voceiro reclama “explicacións
públicas sobre o seu financiamento, porque de momento unicamente
conseguiu inflar os gastos do concello. Porén, parécenos precipitado entrar
a valorar se o aluguer da pista é caro ou barato, debemos esperar a ver o
éxito ou fracaso de público e a súa repercusión no comercio”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta