BREVE MEMORIA SOBRE A PROGRAMACIÓN CULTURAL 2019

Días despois de termos pechado a programación do ano cultural A ESTRADA ESCENA, composta por dous ciclos que damos en chamar PRIMAVERA NO PRINCIPAL (febreiro-maio), e OUTONO NO PRINCIPAL (setembro-decembro), facémosvos chegar, un balance numérico que arroxa os datos que a continuación seguen. 

Os espectáculos aparecen categorizados de forma individual, non se contabilizan -por exemplo no caso dos cursos ou xornadas- o número de veces que se fai uso dun espazo senón o evento de forma singularizada. Tampouco se contabilizan, para estes efectos, ensaios ou reunións que non forman parte dunha programa cultural ou que non son abertos a público. Finalmente tampouco se contabilizan, en canto a asistencia de público, eventos escolares e outras actividades que non sexan con previa retirada de invitación ou entrada. 

A memoria establécese centrando a nosa análise nos espazos de exhibición utilizados, na tipoloxía de eventos programados, nas disciplinas artísticas convocadas, na tipoloxía de público e o prezo da entrada que teñen os distintos eventos. Por último, facemos unha valoración de asistencia de público aos eventos e un balance de obxectivos cumpridos comparándoos con anos anteriores. 

1.-ESPAZOS DE EXHIBICIÓN 

Neste senso, programáronse 244 eventos nos distintos espazos que o concello ten destinados a uso cultural; case un 20% máis que o ano anterior (196), repartíndose do seguinte xeito: 

Núm. 

7

ESPAZO DE EXHIBICIÓN Teatro Principal Sala Abanca 

MOME 

Casa das Letras 

44 

73 

Rúa 

16 

Locais sociais do rural 

30* 

*Espectáculos comprendidos preferentemente dentro do ciclo TELECLUB DA COMEDIA 

CONCELLO DA ESTRAD

2TIPOLOXÍA DE EVENTOS PROGRAMADOS 

Entre estes eventos programados, figuran espectáculos relacionados coas artes escénicas, proxeccións audiovisuais, presentacións de libros, obradoiros e xornadas ou exposicións. Este é o balance comparativo que se decanta favorablemente cara ás artes escénicas. Os festivais relaciónanse, case na súa totalidade, con eventos de corte escolar: 

Núm

116 

TIPO DE EVENTO Espectáculos de artes escénicas e festivais Proxeccións audiovisuais Charlas e mesas redondas Presentacións de libros e actos literarios Exposicións 

Obradoiros 

TOTAL 

244 

3-RELACIÓN DE EVENTOS SEGUNDO A SÚA DISCIPLINA ARTÍSTICA 

A tipoloxía e formato dos eventos catalogados como de artes escénicas pode desglosarse do seguinte xeito: 

Núm. 

DISCIPLINA ARTÍSTICA Teatro Musical Novo circo Maxia 

Concertos 

Danza 

Mimo 

Monólogos *Quedan excluídos deste cadro os festivais dos colexios 

CONCELLO DA ESTRADA 

4-TIPOLOXÍA DE PÚBLICOS AOS QUE SE DIRIXIU A PROGRAMACIÓN 

Noutra orde de cousas, os eventos de artes escénicas ofertáronse a distintas franxas de idade, no intento de converter o feito cultural nun espazo de participación variada e suxestiva dirixida a todos os grupos poboacionais. Este ano pode apreciarse un claro descenso de espectáculos infantís e familiares, un feito puntual que este vindeiro ano 2020 intentaremos corrixir, pois é a nosa idea captar e fidelizar o público do futuro. 

Núm

TIPOLOXÍA PÚBLICO Infantil, xuvenil e familiar Adultos Todos os públicos *Só computamos os 45 eventos aos que se asistiu con retirada de entrada 

12 

24 

5-DATOS DE ASISTENCIA DE PÚBLICO 

No que atingue á asistencia de público, as campañas de comunicación emprendidas dende o Departamento de Cultura (APP, comunicación por whatsapp, buzoneo de dípticos, publicidade personalizada de eventos, convenios con centros educativos e outros colectivos etc…) seguen a propiciar unha asistencia estable de espectadores. Deste xeito, os 45 eventos de pago ou con invitación programados e xestionados directamente polo Departamento de Cultura no Teatro Principal durante este ano arroxaron uns datos de asistencia totais de 8.204 espectadores fronte aos 8.108 do ano anterior, cunha asistencia media de 196,24 espectadores por función e unha ocupación media do 58,37% da capacidade do teatro. A continuación ofrecemos unha panorámica comparativa dos números de asistencia dos últimos catro exercicios. 

EXERCICIO DATOS ASISTENCIA TOTAIS MEDIA PÚBLICO POR FUNCIÓN Ano 2016 8.371 espectadores 

196,2 espectadores Ano 2017 7.115 espectadores 

215,7 espectadores Ano 2018 8.108 espectadores 

202,7 espectadores Ano 2019 8.204 espectadores 

196,2 espectadores 

AAAM 

CONCELLO DA ESTRAD

6-PREZOS ENTRADA 

O custo da entrada dos distintos espectáculos programados oscilou entre aqueles aos que o público asisitiu mediante invitación de forma gratuíta e os 10,00€ da entrada máis cara. Nun intento claro de democratizar a asistencia de espectadores á programación cultural, a ratio de prezos na se que moveu, de forma xeral, a nosa programación foi entre 3,00 e 5,00€. Os prezos máis caros de entrada correspondense coa presenza de espectáculos de mediano ou gran formato, e de cachés máis elevados. Aqueles que, por outra banda, contan con maior demanda de público

PREZO TIPO DAS ENTRADAS 

De balde 

A 3,00€ A 5,00€ A 6,00€ 

A 7,00€ 

A 8,00€ A 10,00€ 

7- LINGUA ESPECTÁCULOS 

A aposta pola dinamización e normalización da lingua galega, por unha banda, e pola promoción das empresas culturais galegas, por outro; son factores que tamén temos en conta á hora de artellar a nosa programación. Todos sabemos da importancia que o sector das artes escénicas e o cultural, en xeral, teñen á hora de fomentar o uso da lingua propia; por iso non debe estrañar que, dos 45 espectáculos programados a «billeteira», o 80% sexa en galego. 

ESPECTÁCULOS EN GALEGO 

ESPECTÁCULOS EN CASTELÁN 

36 

MAAA 

CONCELLO DA ESTRADA 

8AVALIACIÓN FINA

En liñas xerais, pódese afirmar que tanto por número de eventos albergados, preto de 200, como pola incidencia e participación que ten no público, a actividade cultural da vila no ano 2019 conseguiu acadar os obxectivos mínimos fixados. Hai un lixeiro descenso na media de asistencia de espectadores, respecto aos dous anos anteriores, propiciada pola non celebración do concerto de Sta Cecilia e algún que outro evento suspendido por mor da dobre cita electoral; pero en liñas xerais, os números son moi similares aos de anos anteriores

Por outra banda, falamos tamén dunha programación cultural que non se circunscribe ao Teatro Principal; senón que se espalla, cada ano máis, polas distintas salas municipais do concello, se instala na rúa e enche de vida os locais sociais de moitas parroquias do concello. Neste senso, o ciclo do Teleclub da Comedia visitou 30 parroquias estradenses ao longo do pasado ano. 

Destacar, por último, a grande visibilidade que a programación lles presta aos grupos e artistas locais. Dos 116 eventos de artes escénicas programados 39 deles están protagonizados por artistas e agrupacións locais. Unha cifra que se incrementa notablemente se atendemos a outro tipo de eventos tales como actos literarios, charlas, xornadas ou exposicións fotográficas ou de pintura. 

O obxectivo para este vindeiro curso, será o de seguir apostando polas liñas que vertebran a nosa política cultural: calidade, diversidade e identidade. Iso ao tempo que se establecen espazos de participación e estratexias de comunicación axeitadas e acordes ao contexto tecnolóxico no que se insire a nosa sociedade; e ao tempo que se activan liñas de captación de público e proxectos de ocio responsable entre o público máis novo. Como dato novidoso, no apartado das disciplinas artísticas, buscarase un maior protagonismo dos espectáculos infantís e familiares e dos espectáculos de danza, nun intento de darlle un enfoque máis integral e contemporáneo á nosa programación. 

Nun par de semanas, presentaremos o vindeiro semestre de programación, unha programación que dará comezo co concerto co monólogo que ofrecerán no Teatro Principal Marcos Pereiro e Pepo Suevos o vindeiro 16 de febreiro e que servirá para abrir, do mellor xeito, o novo ano cultural na nosa vila.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta