
O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e
participación Cidadá, informa da celebración do XIV Memorial Coto Ferreiro de fútbol Sala.
A XIV edición do Memorial Coto Ferreiro terá lugar o martes día 3 de Marzo a partir
das 20:30 horas no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro.
Os equipos participantes serán o Inversia Seguros A Estrada Futsal (3a División), o
Sala Ourense FS (2a División B) e o Santiago Futsal (2a División) que disputarán o torneo en
formato triangular no que os 3 equipos enfróntanse entre eles en períodos de 20 min. (a
tempo parado) coa seguinte orde de partidos:
1) Inversia Seguros A Estrada Futsal – Santiago Futsal
2) Santiago Futsal – Sala Ourense
3) Inversia Seguros – A Estrada Futsal – Salga Ourense
A entrada o Memorial Coto Ferreiro será gratuita.






































