O BNG insta ao alcalde a predicar menos e dar máis trigo

Denuncia que o concello segue a cobrar o alugueiro dos postos da praza de abastos a pesar do anuncio feito polo alcalde da Estrada

O pasado 21 de marzo o BNG da Estrada emitía un comunicado onde pedía ao concello da Estrada a condonación do alugueiro dos postos da praza de abastos, mentres dure o estado de alarma. En días posteriores, en concreto o 7 de abril, o alcalde da Estrada anunciaba a través do seu Facebook que o concello acordara “fai dúas semanas, a suspensión do cobro de todos os recibos, taxas e impostos municipais”.

Deixando á marxe o curioso do caso de que o noso alcalde anuncie esta suspensión de cobro, despois de dúas semanas de tomada a decisión por parte do goberno municipal, o BNG ten constancia de que a día de hoxe sigue cobrando os alugueiros dos postos da praza de abastos, a pesar do anuncio feito nas redes sociais e nos medios de comunicación local. Así no lo teñen comunicado os praceiros e praceiras que recibiron este mes puntualmente o cobro correspondente neste mes de abril.

O BNG da insta ao goberno municipal, e en concreto, ao alcalde da Estrada a predicar menos e a dar máis trigo. Non estamos en época electoral, imos a atravesar a crise económica e social máis grave da nosa historia e non podemos permitir que o goberno municipal do PP xogue ao despiste cos veciños e veciñas da Estrada. Se anuncia algo, ten que cumprilo. Xa abonda de promesas que as leva o vento. É o momento de apoiar o comercio local e os produtos de proximidade. É lamentábel que o goberno do PP preste máis atención a Mercadona que aos veciños e veciños da Estrada que vende no nosa praza de abastos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta