O Centro de Saúde da Estrada comezou onte coa segunda ronda dos test serolóxicos, que determinarán se os pacientes desenvolveron anticorpos contra o coronavirus. Así, ata o día 19 de xuño realizaranse 461 probas aos veciños e veciñas estradenses. Segundo informou a coordinadora de Enfermería, Maite Matalobos, os test realizaranse en turnos de mañá e de tarde e, esta vez, non se habilitará unha carpa na entrada do ambulatorio, senón que as probas realizaranse no laboratorio do centro.
As probas do Covid-19 voltan A Estrada
Cabe recordar que na primeira ronda detectáronse só dous casos de positivos dun total de 534 test.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.








































