O Concello da Estrada está inmerso na volta paulatina do total dos postos das Feiras cas óptimas medidas sanitarias, como afirmou o seu Concelleiro Gonzalo Louzao.
Este mércores, tras a entrada da Comunidade Autónoma Galega na fase 3, actívase o acceso do 50% dos postos ó mercado, entrando á superficie de venta postos de textil e calzado, ata o de agora non autorizados no mercado de alimentación, productos da horta e prantas que se fixo nas citas feirais durante as primeiras fases da desescalada. Ós 15 postos de alimentación e 12 hortícolas que asistiron regularmente ata o de agora, sumaranse dous grupos distintos de unha trintena de postos cada un para cadansúa feira, a do 10 e 17 de xuño, sumando medio cento de postos cada un dos días. Desta maneira, de forma progresiva farase a integración de toda a variedade e amplitude de postos que acolle o Mercado Municipal. Será o mércores 24 de xuño cando a totalidade dos postos volverán ó mercado, cas medidas habituais (marcarilla, xel hidroalcoholico para o posto e separación de dous metros entre os mesmos e os clientes).
O sábado serán unha vintena os citados na Praza do Mercado, de iguales condicións.
Outro dos grandes atractivos máis tradicionais das nosas feiras é a volta dos pulpeiros cas súas carpas para degutar o pulpo da forma tradicinal, pero cas medidas de hixiene e distanciamento entre mesas que se aplican a toda a hostalería. Así pois haberá pulpeiros o mércores na Feira e o sábado na Praza do Mercado nas súas ubicacións habituais.








































