Xa se poden recoller as entradas para asistir á presentación do best seller de terror La puerta de Manel Loureiro

Na mañá de hoxe , comezáronse a repartir as entradas para a presentación do libro de terror LA PUERTA, editado por Planeta, que está a arrasar nas librarías de toda España durante os últimos meses.

 

Escrito polo pontevedrés Manel Loureiro, ao que algún medios xa alcuman o Sthepen King español, o libro chegou a estar entre os 5 máis vendidos durante o último ano en España, algo que fala ás claras da repercusión que ten este autor a nivel nacional e internacional.

 

A presentación terá lugar o vindeiro mércores ás 20.00 h no Teatro Principal da Estrada. Todo o que queira asistir deberá recoller un convite no Concello da Estrada ou na Libraría Marxe. Poderá achegarse co libro, ou mesmo mercalo durante o propio acto para que llo asine o autor unha vez rematada a presentación.

 

Por outra banda, mañá ás 11.00 h, terá lugar a segunda entrega de cine de terror do Festival Panic nos Minicines Central coas películas Noche de bodas e La casa del terror. Todo aquel que queira asistir poderá recoller as entradas no cine de forma gratuíta.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta