A Estrada mergullarase na celebración das suas festas patronais de San Paio

A Estrada ten todo listo para mergullarse na celebración das suas festas patronais de San Paio. Os festexos, que arrancan o xoves 24 de xuño, servirán de pano de fondo para a presentación de tres discos con acento estradense e que saen á luz despois de seren preparados nos difíciles tempos da pandemia ou de saír do estudo de grabación xusto cando escomezou a crise sanitaria do coronavirus.

A Banda da Loba, Ragatos e Manoele de Felisa presentarán os seus traballos en concertos programados na Alameda municipal, cun aforo de 250 persoas que poderán estar de pé. En todos eles o uso da máscara continuará sendo obrigatorio e as entradas están xa case esgotadas.

A Banda da Loba presentará o seu segundo disco, «A fábrica da luz», mentres que Regatos -agrupación formada por dez integrantes de distintos puntos da Estrada- subirá ao escenario co seu primeiro disco, «Cousas nosas». A formación, cunha traxectoria de 20 anos, estará acompañada de dúas parellas de baile de Xirandola, de A Bandeira. Finalmente, Manoele de Felisa presentará «O cancionero do Camiño».

Para a realización dos concertos e verbenas do San Paio o Concello da Estrada elixiu e aforou tres espazos: a Praza da Constitución (600 persoas para seguir as actuacións sentadas); Praza do Mercado (aforo de 150 persoas, tamén sentadas) e Alameda (con 250 persoas de pé)

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta