A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo convoca para o próximo sábado 10 de
xullo a todos aqueles que estean interesados en facer un percorrido polo monte onde
viven durante todo o ano as bestas que, en situación de normalidade, serían as
protagonistas, o fin de semana pasado, da ancestral Festa Declarada de Interese
Turístico Internacional.
A andaina sairá do teleclube de Sabucedo ás 9h.
Proponse para esta actividade, o recoñecemento visual das greas, dende distancia, iso
si, para o que se recomenda o uso de prismáticos. Visitaránse tamén os diferentes
petróglifos , mámoas,… camiñando entre fermosas carballeiras que conforman o noso
monte. Propónse dende a Asociación, que a xente acuda con roupa cómoda, de
sendeirismo; auga e algo para coller forzas a media mañá.
Durante a ruta, os integrantes da Asociación falarán das diversas problemáticas que
rodean ás bestas, como son o estado de abandono de boa parte do monte ou a
instalación de parques eólicos que van modificar profundamente o hábitat dos
cabalos.
Ao chegar de novo a Sabucedo, haberá pulpeiro no Campo do Medio e a xornada
rematará coa actuación de Mofa e Befa ás 18h, enmarcada dentro da campaña de
sensibilización proposta pola Asociación.
Recoméndase reserva previa no correo electrónico rapadesabucedo@gmail.com
Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Rapa das Bestas de Sabucedo, tlf:665602142
A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo
leva a cabo unha campaña de sensibilización
para a defensa e protección das bestas
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































