A Xunta de Galicia vén de fixar uns investimentos iniciais de 34.695.383 euros para as bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes no proxecto de Orzamentos 2022, segundo informou hoxe o delegado territorial, Luis López, que sostén que “este gran esforzo vai ser clave para outorgar un forte impulso de desenvolvemento e progreso e un salto cualitativo dos servizos públicos a toda esta contorna interior do norte da provincia”.
“O punto de partida para Deza e Tabeirós por parte da Xunta xurde do noso compromiso con estas bisbarras e está fixado en case 35 millóns de euros, unha contía que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico.
Luis López recalcou que a Xunta “é a institución que máis inviste, de longo, nestas comarcas, cunha media de case 550 euros por habitante, o que non resiste comparación ningunha coas demais administracións, e ademais as actuacións deseñadas abranguen todos os ámbitos de importancia para a cidadanía, apostando polas infraestruturas viarias, a sanidade, a educación, as políticas sociais, a empresa e o emprego, o agro e os servizos públicos”.
O delegado territorial salientou que as principais actuacións orzamentadas para a zona, todas ellas por riba do millón de euros, son o remate do Centro Integral de Saúde (CIS) e a ampliación do parque empresarial Lalín 2000, na capital dezá, e o comezo da autovía AG-59, os talleres de madeira no IES Losada Diéguez e os novos xulgados da Estrada.
“Os principais investimentos, por contía ou singularidade, roldan os 25 millóns de euros, pero as contas da Xunta tamén contemplan para Deza e Tabeirós outros investimentos en instalacións deportivas, novas tecnoloxías, silvicultura, limpeza de montes e desbroces, obras educativas, como a renovación das luminarias en ata seis centros, entre outras, mellora e sinalización do Camiño de Santiago, transporte ou dixitalización no ensino ata alcanzar os citados 35 millóns”, significou o delegado, que salientou que os investimentos iniciais que aparecen recollidos nos Orzamentos 2022 “son aqueles que están máis maduros e avanzados administrativamente, pero seguimos traballando polas comarcas con outros proxectos, como a mellora da PO-201 entre Silleda e Laro, o saneamento e o albergue de Rodeiro, os mosteiros de Camanzo, en Cruces, e San Pedro de Vilanova, en Dozón ou unha nova e ampla quenda de melloras nos centros educativos públicos, entre outras”.
|
Principais investimentos 2022 da Xunta en Deza e Tabeirós-Montes |
||
|
A Estrada |
Autovía AG-59 |
4.000.000 |
|
Lalín |
Centro Integral de Saúde |
7.877.430 |
|
Forcarei |
Limpeza da ribeira do río Umia |
110.000 |
|
A Estrada |
Abastecemento de Tabeirós e Nigoi |
773.001 |
|
Lalín |
Saneamento e depuración |
954.372 |
|
A Estrada |
Reforma da Residencia da terceira idade |
367.800 |
|
A Estrada |
Construción dos novos xulgados |
1.440.416 |
|
A Estrada |
Melloras na AGASP |
228.038 |
|
Lalín |
Destino Turístico+Camiño+Xacobeo 21-22 |
962.343 |
|
Silleda |
Dixitalización da Lonxa Agropecuaria |
500.000 |
|
A Estrada |
Solo empresarial |
110.000 |
|
Lalín |
Solo empresarial |
2.417.550 |
|
Silleda |
Modificación técnica da planta de residuos |
300.000 |
|
A Estrada |
Talleres de madeira para FP |
1.544.926 |
|
Lalín-A Estrada-Dozón |
Catro Obradoiros de Emprego |
836.000 |
|
Lalín-A Estrada |
Grupos de Emerxencias Supramunicipais |
2.300.000 |
|
Lalín |
Taller de Mecanizado para Medio Rural |
900.000 |
|
A Estrada |
Mellora da ponte de Pontevea |
300.000 |







































