O Son dos Arrieiros celebra a súa primeira edición cun cartel 100% galego formado por artistas de gran nivel como Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ, Novedades Carminha, que presenta o seu último concerto en Galicia do ano e Heredeiros da Crus, que ofrecerá o seu único concerto en formato eléctrico do 2021.
O recinto, ubicado no Pavillón 5 da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, conta con roupeiro e servizo de barra e restauración. Ademáis, será acondicionado acústicamente para convertilo nun gran salón de concertos no que o público, por primeira vez despois da pandemia, poderá gozar dunha experiencia única sen cadeiras.
Aínda quedan entradas, polo que a xente que desexe asistir poderá mercalas a través da plataforma ataquilla.com.
O Concello da Estrada, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa participación da Asociación de Hostaleiros da Estrada e o Lagar Peroja, organizou actividades paralelas ao festival para involucrar a todos os sectores posibles e beneficiarse desta iniciativa inédita en Galicia. Así, baixo o título de ‘O Camiño dos Arrieiros’, celebrarase mañá unha sesión vermú na carballeira da Feira, entre as 13.00 e as 18.00 horas, que contará coas actuacións de Los Rastreadores, Troula Animación, Plan Siberia e Igloo. Serán cinco horas de música aderezada con empanada, bolos preñados e sidra e taberna estradense. A asistencia será completamente gratuíta até completar a cabida da carpa habilitada.






































