Mañá día 24 de decembro, data sinalada na que Papá Noel percorre os fogares estradenses, terá lugar a tradicional Cabalgata de Papá Noel, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Este ano, por mor da situación sanitaria, os nenos e nenas non poderán acompañar a Papá Noel e ás maxestades dos Reis Magos nas súas carrozas, aínda que si poderán deixar as súas peticións na caixa de correo situada na porta do Concello.
As cabalgatas partirán ás 18.00 h. No tocante á de Papá Noel o percorrido que seguirá será o seguinte: Centro de Saúde, Rúa Varela Buxán, Avda Fernando Conde, Rúa Ulla, Calvo Sotelo e Rúa Serafín Pazo, ata Avda Benito Vigo en dirección, novamente ao Centro de Saúde. Recoméndaselles aos asistentes que se estendan ao longo do percorrido, evitando as típicas aglomeracións entre a Porta do Sol e a Praza de Galicia. O percorrido da cabalgata dos Reis comunicarase nos vindeiros días.
O Concello tratará de manter en pé as actividades programadas para o Nadal, activando os protocolos necesarios para poder levalas a cabo dun xeito seguro. En todo caso, prégalles a nenos e maiores, que gocen das festas de nadal con sentidiño.







































