Lidl inviste 35 millóns de euros en obras da provincia de Pontevedra

Lidl inviste uns 35 millóns de
euros en seis obras acometidas nun prazo de dous anos na provincia de
Pontevedra coas que aumenta a súa pegada no mercado autonómico.

O plan de expansión da compañía inclúe as primeiras incursións da compañía
na comarca de Tabeirós-Terras de Montes, co establecemento da Estrada que
entra mañá en funcionamento, e tamén na do Val Miñor, cunha tenda inaugurada
en Porto do Molle no outono de 2021 e que lles dá servizo ás persoas de Baiona,
Gondomar ou Nigrán. A ambos puntos de venda sumaráselles un novo centro
en Cangas do Morrazo, que previsiblemente entrará en funcionamento antes de
final de ano.

O director rexional de Lidl en Galicia, Jaime Herrá, destacou esta mañá ante os
medios de comunicación que “ao igual que ocorreu en exercicios anteriores, nos
que puxemos en marcha o noso establecemento máis grande da rexión en Vigo

ou nos que impulsamos a modernización da Guarda, tamén este 2022
Pontevedra capitanea o noso compromiso en Galicia coas dúas novas aperturas
na Estrada e Cangas do Morrazo, así como a remodelación do punto de venda
de Avenida de Vigo, en Pontevedra”.

Ademais, Herrá anunciou que a compañía está a piques de reabrir unha das
súas tendas de Santiago de Compostela tras unha ambiciosa renovación e que,
dentro dunhas semanas, se inaugurará tamén un establecemento na cidade da
Coruña.

35 tendas en Galicia a partir de mañá
Este xoves abrirá as súas portas o primeiro establecemento de Lidl na Estrada,
situado xunto ao centro de saúde da avenida Benito Vigo, e que lle permite á
marca alcanzar as 35 tendas abertas en Galicia. En concreto, destináronse a
este novo punto de venda uns 4,2 millóns de euros para a construción e
equipamento, obras contratadas a empresas da contorna, como a firma de
enxeñería coruñesa COTECNO ou a construtora pontevedresa CHS, entre
outras.

Este novo centro supuxo a creación de 15 novos postos de traballo e a
consolidación doutros cinco, xa que, en total, haberá unha vintena de persoas
atendendo estas instalacións durante o horario habitual, de 9.00 a 21.30 horas
de luns a sábado. Nelas, o produto galego volverá ser o protagonista indiscutible,
con referencias como as de queixos rexionais, leite fresco ou cervexa Estrella
Galicia, tres das preferidas polos clientes da rexión.

Como vén sendo habitual, a sostibilidade é outra das insignias do novo punto de
venda, tanto da súa sala de vendas (duns 1.400 m2

) como dos propios servizos

da parcela, ao contar cunha instalación fotovoltaica de 1.000 m2

, iluminación LED
e equipamento ecosostible. A todo iso hai que engadir tamén dous puntos de
carga para vehículos eléctricos, que se unen ás 75 prazas de aparcamento
convencionais.

Minutos antes de realizar un percorrido polas novas instalacións xunto ao alcalde
da localidade pontevedresa, José Carlos López Campos, Jaime Herrá expresou
a súa “satisfacción e alegría” polo fito que supón alcanzar as 35 tendas abertas
cando a marca aínda non chegou ao cuarto de século de vida na comunidade.
“Seguimos deixando a nosa pegada porque cremos en Galicia pero, sobre todo,
porque Galicia cre en nós”, afirmou o representante de Lidl, quen, paralelamente,
agradeceu ao Concello da Estrada a súa “decidida colaboración” para permitir
que o triplo compromiso con empregados, provedores e clientes “se deixe sentir
dun modo nítido tamén aquí”.

Impacto no emprego e economía de Pontevedra
Por outra banda, o director rexional de Lidl para Galicia, Jaime Herrá, tamén
subliñou o “salto cualitativo” que supón para a marca superar os 300 empregos
directos creados na provincia de Pontevedra. Neste senso, lembrou que un
informe da consultora independente PwC acreditaba que no último exercicio
fiscal a compañía tiña un impacto directo de 286 postos de traballo, case 2.400
indirectos (o maior volume de toda a comunidade) e 310 empregos inducidos.
“En total, PwC certificaba o noso impacto sobre uns 2.960 postos de traballo ata
chegar a representar un 0,8% do emprego da provincia, o máis alto que temos
en toda a comunidade”, sinalou, á vez que recalcou que “con esta nova apertura
e a de Cangas superaremos os 3.000 postos de traballo directamente xerados e
consolidados coa nosa actividade”.

Nesta mesma liña, Herrá expuxo que “este destacado impacto sobre o emprego
na provincia tamén vai da man da repercusión sobre o PIB, que alcanza en
Pontevedra o seu máximo de Galicia”. Deste xeito, lembrou que o impacto sobre
o PIB pontevedrés é dun 0,75% do total (o máis alto das catro provincias) ao
sumar os 12,4 millóns de euros de impacto directo, os 106,2 millóns de impacto
indirecto e os 18,1 millóns de euros de impacto inducido. “Eses case 137 millóns
de euros do último exercicio son o noso punto de partida para este 2022, no que
dous novos establecementos nos permitirán seguir aumentando a nosa pegada
sobre a economía da provincia que eliximos en 1998 para a nosa aterraxe na
rexión”, concluíu.

Pola súa banda, o alcalde da localidade, José Carlos López Campos, sinalou na
súa intervención ante os medios de comunicación que a chegada de Lidl á
Estrada é “unha moi boa nova e un ‘espaldarazo’ para o Concello, xa que
significa que a marca viu que o noso é un municipio con futuro e cunha gran
proxección”.

Nese sentido, subliñou que “para nós será un factor diferencial fronte a outros
concellos” pola “implicación tan directa” da compañía “sobre a economía local,
tanto dende o punto de vista da súa aposta polo produto galego e o provedor da
comunidade como pola oportunidade que supón para os mozos que atopan aquí
unha perspectiva laboral”, unha cuestión que axuda a fixar poboación na
contorna.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta