O Concello de A Estrada coma cada ano ven de presentar na noite de onte o vídeo de Rosalía no teatro Principal, nun acto no que alumnos de todos os colexios da vila participaron nun recital rosaliano. A homenaxe espallouse ademáis polos centros educativos da vila, onde durante a mañá se sucederon actos culturais e lúdicos en homenaxe á poeta galega na conmemoración do seu nacemento. No CEIP de Figueiroa, o cantautor Manoele de Felisa ofreceu un concerto no que mesturou os poemas musicados de Rosalía con outros do repertorio propio. Os rapaces escoitaron con coñecemento de causa o poema Nascín cando as plantas nascen, que xa traballaran nas aulas. O colexio Pérez Viondi recibiu a visita da escritora Rosalía Morlán no marco da actividade Dende Trazo ata Padrón coas Rosalías.
recibiu a visita da escritora Rosalía Morlán no marco da actividade Dende Trazo ata Padrón coas Rosalías. A autora, que será a madriña da XI Festa das Palabras, achegou aos nenos ao universo da poesía e fíxolles unha chea de agasallos cargados de significado, como unha árbore feita de follas cunha morea de palabras ou un peixe, un galo e un lagarto para os pequenos de Infantil. Mentres, no CEIP de Oca cantouse a coro No bico un cantar e no do Foxo houbo performance, rap rosaliano e recitado do poema Pra Habana en cinco linguas: galego, castelán, inglés, francés e linguaxe de signos. No IES Antón Losada a celebración foi con teatro. Oito alumnas da aula de teatro Avelaíñas, dirixida por Fran Campos, puxeron en escea a adaptación teatral de dous poemas da homenaxeada.



























































