Urxe unha solución ao cruce da PO-2016 que vai a Guimarei, Cereixo e Vinseiro

A raia continua que nestes días debuxou o Ministerio de Transportes desde a Baiuca á rotonda das Colonias deixa aínda máis complicado o acceso á PO-2016.

Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «non cuestionamos a necesidade de pintar a raia continua nese tramo, xa que as circunstancias coa instalación do Lidl así o recomendan, mais esa raia continua faille a vida moi complicada aos veciños e veciñas de Guimarei, Cereixo e Vinseiro, coller esa estrada se van das Colonias á vila pola PO-640». «A complicación dese acceso xa existía antes», explica a concelleira nacionalista, «mais á altura da Lennon había raia descontinua e moitos veciños e veciñas xiraban nese tramo, pero agora xa non se pode».

«En reiteradas ocasións instamos ao alcalde a mellorar ese acceso», afirma Susana Camba, «mais logo duns tímidos intentos coa Deputación, nada máis se soubo e pasou o que sempre pasa cando o alcalde non fai nada por solucionar os problemas dos veciños e veciñas: complícanse!».

«Por iso volvemos a instar ao alcalde a aportar unha solución a ese cruce», engade a concelleira do BNG, «non pode ficar de brazos cruzados, mentres os veciños e veciñas sofren as consecuencias da súa pasividade». «É urxente que pete nas portas do Ministerio e da Deputación para que poñan enriba da mesa unha solución, os veciños e veciñas non poden seguir agardando por máis tempo», afirma.
 
«Por outra parte», indica a concelleira do BNG, Susana Camba, «estamos unha vez máis ante unha proba da falta de planificación do goberno do PP; fanse proxectos sen ter en conta as afeccións posibeis ao tráfico, a mesma situación que se está a dar coas obras na praza da feira e na rúa principal; o PP provocou unha situación polo que a veciñanza da vila que viva nas rúas Fernando conde, Gradín, Cañoteira, etc que queiran ir cara a PO 2016 teranse que desprazar cara a outra punta da vila para poder tomar este vial. O exemplo do desgoberno do PP».
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta