Hoxe Louro e Axia parten cara Holanda ao Campionato do Mundo de Rescate da I.R.O.

IMG_3410
579125_4375109467893_1670593391_nNa xornada de hoxe José López Louro parte xunto coa súa cadela Axia rumbo a terras Holandesas para participar no XIX Campionato do Mundo de Rescate da I.R.O.

Para acudir a esta competición é necesario conseguir unha determinada puntuación nas probas que se realizan durante o ano a nivel nacional e que este ano tiveron lugar en A Estrada coa participación de binomios de toda España. En toda a historia da I.R.O. solo 4 binomios españois conseguiron a puntuación necesaria e tan solo un acudiu ao Campionato do Mundo.

Por esta razón será o único binomio español en acudir a competición dominada por países como Austria, Xapón, Suiza…, con maior representación ao contar con grupos que se dedican exclusivamente a este traballo. Cabe mencionar que o Grupo de Cans de Rescate de Protección Civil de A Estrada ao que pertencen Louro e Axia realizan os adestramentos 1045018_1758109110994726_2053371921_nno tempo libre que lles queda ao terminar a xornada laboral de Louro, ao igual que os resto dos membros do grupo. Por iso acudiron ao concello para pedir finanzamento para poder acudir ao Campionato.

Hoxe partían rumbo a Nijmegen nun viaxe en coche que calculan que lle levara dous días. A competición terá lugar entre o 25 e 29 de Setembro. Saen con uns días de marxe para permitir o descanso da cadela despois da longa viaxe e seguir preparando as probas xa en terras holandesas. Alí o binomio estradense competirá contra outros 61 participantes de 16 países: Holanda, Ucrania, Eslovenia, Suecia, Rusia, Corea, Xapón, Italia, Hungría, Croacia, Dinamarca, Alemania, Rep. Checa, Suiza, Bélxica e Austria.

Axia e José López Louro irán acompañados por Manuel González, Coordinador da unidade do GCR e Luis Novo, veterinario e tradutor.

IMG_3422O pasado sábado o alcalde, José López, recibía no concello a José López Louro para trasladarlle a colaboración do concello para poder acudir á proba e felicitalo por ter conseguido a puntuación necesaria. Louro tamén estivo acompañado de José Manuel González, coordinador do GCR, Carlos Faílde, responsable de Protección Civil de A Estrada, e Luis Novo, veterinario e tradutor para esta aventura.

Redacción e gravación: Iria Eiras

Fotografía: GCR e Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta