Os campamentos de verán do Concello da Estrada contarán este ano con 182 menores inscritos

O Concello da Estrada vén de admitir 182 solicitudes para
participar nos campamentos municipais de verán, que terán lugar dende o 1 de xullo ata
o 7 de setembro. Esta cifra supón un incremento de 12 nenos e nenas con respecto ao
2021.
A edil de Benestar Social, Amalia Goldar, valora positivamente este “aumento
significativo” do interese das familias polos campamentos de verán do Concello da
Estrada que se vén dando nos últimos anos, especialmente no eido rural, onde “cada ano
aumenta a participación” destacando o caso do CEIP Manuel Villar Paramá, en Vea, onde
se incrementou en 18 persoas o número de inscritos en xullo con respecto ao mesmo
período do ano anterior.
Concretamente, no CEIP de Oca inscribíronse 19 nenos/as e celebrarase o campamento
durante todo o mes de xullo; o CEIP do Foxo acollerá o campamento dende o 1 de xullo
ao 7 de setembro, no que participarán 44 menores; no CEIP Cabada Vázquez, con 28
inscritos, celebrarase todo o mes de xullo e mais o de agosto; e no CEIP Manuel Villar
Paramá, haberá 34 nenos/as no campamento que se celebrará todo o mes de xullo. O
CEIP Pérez Viondi concentrará este ano 61 menores do casco urbano dende o 1 de xullo
ata o 7 de setembro.
Aqueles/as menores anotados nas quendas nas que non se celebrará o campamento por
non acadar un mínimo de dez inscritos terán a oportunidade de reubicarse noutras
quincenas que dispoñan de prazas libres.
A partir de mañá, os pais, nais ou titores dos menores anotados poderán recoller no
Departamento de Servizos Sociais a carta de pago en horario de 9.00 a 14.00 horas. O
prazo para realizar o pagamento será dende o 20 ata o 29 de xuño.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta